Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 11 de setembro de 1996 Páx. 8.335

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1996, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se inclue a María Victoria Monteiro Ucha na relación definitiva de admitidos no concurso L-01-96, que figura no anexo da Resolución do 22 de agosto de 1996 (DOG nº 166, do 26 de agosto).

Vista a documentación presentada, en relación co procedemento establecido para o efecto, por María Victoria Monteiro Ucha, participante no concurso L-01/96 convocado por Orde do 30 de abril de 1996 (DOG nº 88, do 6 de maio) e comprobada a súa integración no III Convenio Colectivo da Xunta de Galicia, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Artigo único.-Incluír a María Victoria Monteiro Ucha na relación de admitidos publicada por Reso

lución do 22 de agosto de 1996 desta dirección xeral pola que se elevan a definitivas as relacións de admitidos e excluídos no concurso L-01-96, e en consecuencia suprimila da relación de excluídos que figura no anexo da citada resolución.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 1996.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

6523