Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 11 de setembro de 1996 Páx. 8.335

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 19 agosto de 1996 pola que se outorgan nomeamentos de notarios para as notarías vacantes que se citan (Santiago de Compostela e Ribeira).

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso convocado pola resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 28 de maio de 1996 (BOE do 4 de xullo), e de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial.

Visto tamén o que dispón o artigo 26.1º do Eatatuto de autonomía de Galicia aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, os decretos da Xunta de Galicia 13/1994, do 20 de xaneiro, e 292/1996, do 26 de xullo, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes, esta consellería, para prove-las notarías vacantes radicadas no territorio desta Comunidade Autónoma, nomea a:

-Manuel Julio Reigada Montoto, notario de Lugo, 1ª, para a notaría de Santiago de Compostela (A Coruña).

-Jaime Romero Costa, notario de Monforte de Lemos, 2ª, para a notaría de Ribeira (A Coruña).

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 1996.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

Sr. Director Xeral de Xustiza e Administración Local

6434