Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 09 de setembro de 1996 Páx. 8.284

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (184/1995).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo de cognición que se segue neste xulgado co número 184/1995, se dictou a sentencia, cun encabezado e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

Sentencia: En Santiago de Compostela, 17 de maio de 1996, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de cognición seguido neste xulgado co número 184/1995, no que actuaron como demandante José Mosquera Brey, maior de idade e veciño de Santiago de Compostela, asistido polo letrado Evaristo Nogueira, e como demandados Fernando Fernández Gil, maior de idade e veciño de Santiago de Compostela, defendido pola letrada Olga Faílde e Beatriz Barreiro Pérez, maior de idade e en paradoiro descoñecido, en reclamación de resolución de arrendamento e reclamación de rendas pendentes.

Decido que declaro resolto o contrato de arrendamento da vivenda antes designada, e condeno os demandados a que a desaloxen con apercibimento de lanzamento se non o fixesen, e condénase o demandado Fenando Fernández Gil a que aboe ó demandante en concepto de rendas pendentes as de 216.000 pesetas devengadas ata maio de 1995 e as que se devenguen ata o momento de entrega da vivenda a razón de 27.000 pesetas mensuais, máis os xuros legais da suma citada desde a interposición da demanda, con imposición das custas ó demandado.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial

neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Asinado e rubricado.

Para que conste e sirva de notificación ó demandada rebelde Beatriz Barreiro Pérez, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela, tres de xullo de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

5474