Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 09 de setembro de 1996 Páx. 8.285

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (284/1994).

Acordo, aproba-lo remate do predio descrito nos antecedentes de feito desta resolución, a favor de Banco Simeón, S.A., con domicilio na rúa Policarpo Sanz de Vigo, polo prezo de vinteoito millóns catrocentas noventa mil pesetas (28.490.000 ptas), ó que se lle expedirá testemuño do presente auto co visto e prace do que o prové, e que servirá de título bastante para a inscrición ó seu favor, e prevéñoo de que deberá presentalo dentro do prazo regulamentario na oficina liquidadora do imposto de dereitos reais, para satisface-lo correspondente a esta transmisión.

Enténdanse subsistentes tódalas cargas anteriores ou preferentes ó crédito aquí reclamado do predio antes sinalado, entendéndose que o rematante as acepta e queda subrogado nas responsabilidades destas, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate.

Enténdase recibida polo acredor, polo seu crédito, xuros e custas, a cantidade de 28.084.665 pesetas.

Constando na escritura de constitución de hipoteca o arrendamento dos pisos 1º, 2º e bufarda, notifíqueselle-la presente resolución ós ditos arrendatarios.

Decrétase a cancelación da inscrición de hipoteca tomada respecto ó predio descrito no primeiro feito desta resolución que aquí se dá por reproducida.

Así mesmo, decrétase a cancelación de tódalas inscricións e anotacións que graven o predio ó que se refire este auto, posteriores á expedición da certificación que determina a regra 4 do artigo 131 da Lei hipotecaria.

Así mesmo, decrétase a cancelación das cargas posteriores. Segundo resulta da certificación da regra 4, expedida polo rexistrador da propiedade, son:

-Anotación letra D a favor de Banco Simeón, S.A. en reclamación de 10.930.688, no xuízo executivo nº 105/1993, de Lalín.

-Anotación letra E, a favor de Banco Pastor, S.A., en reclamación de 2.635.583 ptas., no xuízo executivo nº 116/1993 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela.

-Anotación letra F, a favor da Tesourería Xeral da Seguridade Social, en reclamación de 732.145 ptas.

-Anotación letra G, a favor do Banco de Galicia, S.A., en reclamación de 1.778.449 pesetas, no xuízo executivo nº 79/1994, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela.

-Anotación letra I, a favor do Banco de Santander, S.A. en reclamación de 1.917.518 pesetas., no xuízo executivo nº 161/1994, do Xulgado de Primeira Instancia de Lalín.

Por último, que o prezo obtido foi superior ó crédito da parte demandante, motivo polo cal o sobrante foi consignado no establecemento destinado para o efecto.

E para que teñan lugar estas cancelacións, expídaselle mandamento por duplicado ó rexistrador da Propiedade número un de Santiago de Compostela.

Contra esta resolución cabe recurso de reposición ante este xulgado no prazo de tres días.

Ante min.

O anteriormente inserido concorda ben e fielmente co seu orixinal ó que me remito.

E para que conste e lles sirva de notificación ós arrendatarios do piso 1º do edificio sito na rúa Fonte de Santo Antonio nº 5, de Santiago de Compostela, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto, que asino e selo en Santiago de Compostela o 10 de xullo de 1996.

O secretario

Rubricado

6489