Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 09 de setembro de 1996 Páx. 8.284

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (173/1994).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela,

fago saber que, en virtude do acordado en autos de xuízo executivo número 173/1994, sobre reclamación de certa cantidade, como demandante Hormigones Valle Miñor, S. A. e demandado Iniciativas para el Desarrollo Tecnológico, S. L., cunha contía do asunto de 5.785.506 pesetas de principal máis 1.900.000 pesetas calculadas para xuros, gastos e custas, acordouse mellora de embargo sobre bens do demandado e, ó se atopar en paradoiro descoñecido, notifícaselle o embargo dos seguintes bens:

-Máquina escavadora, marca Masey Fergusson, modelo IOHX, número de chasis 2522 B 3466, matrícula C-84086-VE.

Para que conste e lle sirva de notificación ó demandado Iniciativas para el Desarrollo Tecnológico, S. L., expido o presente edicto en Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1995.

O secretario

Rubricado

5564