Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 09 de setembro de 1996 Páx. 8.284

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (8/1996).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado en substitución do Xulgado de Primeira Instancia número catro de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial, fago saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de proceso civil de cognición co nº 8/1996, por instancia de Manuel Vázquez Gallardo, representado pola procuradora Esperanza Álvarez contra outra e Jeffrey Martín Golvenberg, do que se descoñece o seu domicilio, sobre reclamación de cantidade, téndose dictada providencia no día da data, acordando o emprazamento do dito demandado por medio de edictos, para que no termo de nove días compareza en autos, baixo apercibimento de que, se non o verifica, será declarado en rebeldía dándose por contestada a demanda e seguindo o xuízo o seu curso.

E para que o acordado se cumpra e publicar no taboleiro de anuncios deste xulgado e no DOG estendo o presente edicto que é dado en Santiago de Compostela o quince de maio de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado

Rubricado

O secretario

Rubricado

5590