Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 09 de setembro de 1996 Páx. 8.283

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (126/1996-02).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas nº 126/1996, por instancia de José Ramón Fontenla Calvo e outro, contra Alberto García Mallou e outro, e nas súas actuacións se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o seis de xuño de mil novecentos noventa e seis.

En nome de S.M el-rei:

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, despois de ver en xuízo oral e público o expediente de xuízo de faltas número 126/1996, sobre lesións, no que foron partes, como denunciantes José Ramón Fontenla Calvo e Juan Bautista Ramallo González e, como denunciados, Alberto García Mallou e Francisco Fontenla Calvo, e o Ministerio Fiscal, pronuncio esta sentencia:

Decido que debo condenar e condeno a Francisco Fontenla Calvo, como autor responsable dunha falta do artigo 582-1 do Código Penal, á pena de 2 días de arresto menor e ás custas procesuais e a que indemnice a Juan Bautista Ramallo González na cantidade de 16.000 ptas.

E que debo absolvelo e absólvoo da falta pola que foi denunciado.

Contra a presente resolución poderá interporse recurso de apelación por escrito, presentado ante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a súa notificación na forma e cos requisitos que establece o artigo 795 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará testemuño ós autos da súa razón, quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación a Alberto García Mallou, expido e asino en Santiago de Compostela o nove de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

5413