Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 09 de setembro de 1996 Páx. 8.283

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación de remate (275/1996-04).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, fago saber que nos presentes autos de xuízo executivo, seguidos neste xulgado co nº 275/1996, promovido polo Banco Central Hispanoamericano, S.A., representado polo procurador García-Piccoli, contra José Manuel Carreira Martínez e outra, sobre reclamación de cantidade de 253.885 pesetas, importe do principal e 150.000 pesetas para xuros e custas; e dado que o demandado se atopa en ignorado paradoiro, por medio do presente edicto é citado este co fin de que, no termo improrrogable de nove días, compareza nestes autos en legal forma, mediante procurador e letrado, e se opoña á execución se lle conviñese, e fago constar que as copias da demanda e documentos se atopan nesta secretaría á súa disposición , e apercíboo de que, de non comparecer, será declarado en rebeldía, seguindo o preito o seu curso, sen volvelo a citar nin facerlle outras notificacións

cás que determine a lei.

Procédese sen previo requirimento de pagamento ó embargo dos seguintes bens:

1. Piso segundo, destinado a vivenda, dun edificio composto de planta baixa e dous pisos, sito no lugar de Galiana, parroquia de Conxo. Superficie, 70 metros cadrados. Rexistro da Propiedade número dous de Santiago de Compostela, tomo 892, libro 529, concello de Santiago de Compostela, folio 137, predio 38.373.

2. Edificacións sitas na Cruxeira, parroquia de Nosa Señora da Mercé de Conxo, no concello de Santiago de Compostela, composta de nave industrial e de planta baixa. Superficie, 300 metros cadrados. Rexistro da Propiedade número dous de Santiago de Compostela, tomo 1075, libro 117, folio 53, predio 10.603.

3. Vehículos matrículas: C-3659-A, C-7884-X, M-8779-DP, C-0587-AU, C-1991-AP e M-834430.

E para qeu conste e lle sirva de citación de remate ó demandado en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o cinco de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

5485