Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 09 de setembro de 1996 Páx. 8.283

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (107/1994).

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido tramita baixo o número 107/1994 expediente para a declaración de falecemento de Manuel Quián Bustelo, nacido o 16 de setembro de 1885 en Balcaide, Calo, concello de Teo, fillo de Manuel Quián Tarrío e Carmen Bustelo Díaz, quen se ausentou de Balcaide, Calo, concello de Teo, á República Arxentina hai máis de sesenta anos e sen que se tiveran máis noticias súas desde o ano en que emigrou, e ignorándose o seu paradoiro e situación.

Calquera persoa que poida achegar datos sobre a morte certa ou supervivencia do referido Manuel Quián Bustelo deberá poñerse en contacto inmediato con este xulgado.

Dado en Santiago de Compostela, o vinteseis de abril de mil novecentos noventa e catro.

Salvador P. Sanz Crego

Maxistrado-xuíz

Rubricado

Gonzalo Cabaleiro de Sáa

Secretario xudicial

5489