Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 09 de setembro de 1996 Páx. 8.282

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (403/1995-P).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada no procedemento abreviado número 403/1995, dirixo a presente cédula co fin de que se proceda á súa inserción e publicación no Diario Oficial de Galicia, da sentencia que ten o encabezamento e decisión que, copiados literalmente, din como segue:

No procedemento abreviado número 403/1995, dimanante do procedemento abreviado número 73/1994, instruído polo Xulgado de Instrucción número tres desta cidade, polo delicto de apropiación indebida, contra o acusado Juan Ángel Vázquez Areán, nacido o 16 de febreiro de 1972, fillo de José e María Luisa, natural de Lalín e veciño de Lugo, con domicilio na r/ San Lourenzo nº 20, baixo, zona Milagrosa, sen antecedentes penais, do que non consta a súa solvencia e en liberdade provisional por esta causa, defendido polo letrado Alejandro Padín Vidal e representado polo procurador Santiago Gómez Martín, sendo parte o Ministerio Fiscal. E decido, que debo condenar e condeno a Juan Ángel Vázquez Areán como autor dun delicto de apropiación indebida sen concorrencia de circunstancias modificativas, á pena de dous meses de arresto maior, con suspensión de todo cargo público e dereito de sufraxio durante a condena, e custas. Indemnizará a Autos Galicar en 7.229 pesetas por desperfectos nunha roda, e

en 92.398 pesetas por días de uso deste.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes prevíndoas de que contra ela poderán interpor, perante este xulgado, recurso de apelación no prazo de dez días. Unha vez firme, comunicaráselle ó Rexistro Central de Penados e Rebeldes para os efectos oportunos.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación ó condenado Alberto Pintos Martínez, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, o dezasete de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

4766