O secretario do Xulgado de Primeira Instancia número dous de Ribeira, fai saber que neste xulgado se segue expediente de suspensión de pagamentos número 99/1993, da entidade mercantil Otlan, S.A., domiciliada nesta localidade na r/ Alcázar de Toledo, nº 10, baixo, onde consta dictado auto nesta data, a parte dispositiva do cal di o seguinte: debo sobreser e sobreseo este expediente no estado en que se encontra; comuníqueselle esta resolución por medio de oficio ós demais xulgados de igual clase desta cidade, así como ó rexistrador mercantil desta provincia, mediante mandamento por duplicado, publíquese esta resolución mediante edictos no BOP e no Diario Oficial de Galicia, ós que se envíe xunto cun oficio, fixándose un exemplar de
tales edictos no taboleiro de anuncios deste xulgado; lévese testemuño deste provido á peza de cualificación dimanante deste expediente, para acordar nela o que proceda. E cese a intervención nomeada no prazo que determina o penúltimo parágrafo do artigo 13 da Lei de suspensión de pagamentos.
Mándao e asínao Luisa María Pérez Rúa, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira.
E para que lle sirva de publicidade ós fins previdos na Lei de suspensión de pagamentos e especialmente no seu artigo 13, libro o presente edicto en Ribeira o trinta de abril de mil novecentos noventa e seis.
O secretario
Rubricado
5457