Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 09 de setembro de 1996 Páx. 8.278

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (254/1992).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa fai saber que nos autos que a seguir se dirán, consta dictada esta sentencia, cun encabezamento e decisión que son do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Arzúa o 10 de xullo de 1996.

Eva María Doval Lorente, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos desta cidade, viu os presentes autos de xuízo executivo, promovidos por Banco Bilbao Vizcaya, S.A., representado polo procurador García-Piccoli, contra Antonio Gil Rico, Manuel Gil Barreiro e María del Carmen Souto, declarados en rebeldía. E decido:

Que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a Antonio Gil Rico, Manuel Gil Barreiro e María del Carmen Souto, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante, das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 1.229.268 pesetas, importe do principal, comisión e xuros pactados ata a data invocada; e ademais, ó pagamento dos xuros de demora tamén pactados e as custas, que ascenden a 700.000 pesetas, e ó seu pagamento debo condenar e condeno expresamente á parte demandada descrita.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E expídese o presente edicto para que lles sirva de notificación en legal forma ós herdeiros descoñecidos e incertos do codemandado Antonio Gil Rico.

Dado en Arzúa o dez de xullo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

5363