Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 09 de setembro de 1996 Páx. 8.278

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO de poxa (14/1996).

María Esther Couto Rivas, secretaria en funcións do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ordes, fai saber:

Que neste xulgado do meu cargo, baixo o nº 14/1996, se segue procedemento executivo outros títulos, por instancia de Banco Central Hispanoamericano, S.A., representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Jesús Ismael Calvo Barreiro, con DNI 76.357.372, domiciliado en Oroso, Ismael Calvo Castro, con DNI 76.293.279, domiciliado en Oroso e Mª Luisa Barreiro del Río, con DNI/CIF 76.311.838, domiciliada en Oroso, en reclamación de cantidade, e nos seus autos acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo da súa valoración, os seguintes bens embargados no procedemento e que, ó final do presente edicto, se detallarán.

Os bens saen a licitación en lotes separados.

A poxa celebrarase o vindeiro 25 de outubro de 1996, ás 10 horas da mañá, na sala de audiencia deste xulgado, baixo as seguintes condicións:

1º. O tipo do remate será o do valor dado ós bens, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2º. Para tomar parte na poxa, deberán consignar previamente os licitadores, polo menos, o vinte por cento do tipo do remate no establecemento destinado para o efecto, Banco Bilbao Vizcaya, S.A., axencia urbana, Avda. Florida de Vigo, conta de consignacións número -15690001701495.

3º. Poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositándoo na mesa do xulgado e, xunto co prego, o resgardo acreditativo do ingreso do importe descrito no punto nº 2.

4º. Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día 2 de decembro de 1996, ás 10 horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo do remate, que será do setenta e cinco por cento do da primeira e, caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 29 de xaneiro de 1997, tamén ás dez horas, e rexerán para esta as restantes condicións fixadas para a segunda.

E para que así conste e lles sirva de notificación ó público en xeral e ós demandados en particular, expídese o presente edicto para a súa publicación nos respectivos boletíns oficiais que correspondan.

Dado en Ordes o seis de xullo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

Relación de bens obxecto de poxa:

1. Urbana: sita no concello de Oroso, parroquia de Gándara, lugar de Piñeirón e anexos. Inscrita

no Rexistro da Propiedade de Ordes no folio 137, libro 82 de Oroso, tomo 599, predio nº 5.186. Valor considerado do predio rexistral nº 5.186: 7.260.000 ptas.

2. Rústica: sita no concello de Oroso, parroquia de Gándara, inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, no folio 138, libro 82 de Oroso, tomo 599, predio 5.188. Valor considerado do predio rexistral nº 5.188: 1.064.200 ptas.

3. Rústica: sita no concello de Oroso, parroquia de Gándara, lugar de Piñeirón. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes no folio 139, libro 82 de Oroso, tomo 599, predio rexistral nº 5.200. Valor considerado do predio rexistral nº 5.200: 646.345 ptas.

4. Rústica sita no concello de Oroso, parroquia de Gándara, lugar de Piñeirón. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes no folio 140, libro 82 de Oroso, tomo 599, predio 5.202. Valor considerado do predio rexistral nº 5.202: 172.150 ptas.

5. Rústica sita na zona de Oroso, Gándara, Deixebre e Trasmonte. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes no folio 114, libro 67 de Oroso, tomo 558, predio rexistral nº 11.949: 2.256.730 ptas.

6. Rústica: zona de Oroso, Gándara, Deixebre e Trasmonte. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes no folio 126, do libro 67 de Oroso, tomo 558, predio rexistral nº 11.973. Valor considerado do predio rexistral nº 11.973: 1.169.090 ptas.

5548