Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 09 de setembro de 1996 Páx. 8.279

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (101/1993).

Mª Luisa Cobas Martínez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, fai saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de executivo outros títulos nº 00101/1993, nos que recaeu sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

«En Padrón o 14 de decembro de 1994.

Vistos por Juan Manuel Regal Menéndez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, os presentes autos de executivo outros títulos, seguidos neste xulgado co nº 00101/1993, nos que son parte, como demandante, BBV Leasing, S.A., sociedade de arrendamento financeiro, representada polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes e asistida polo letrado Fernando Torres Álvarez, e como demandados, Enrique Chenlo Laseiras, José Chenlo Couselo e Delfina Laseiras Piñeiro, en paradoiro descoñecido e declarados en rebeldía.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a Enrique Chenlo Laseiras, José Chenlo Couselo e Delfina Laseiras Piñeiro, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante, das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 7.941.876 ptas.,

importe do principal, comisión e xuros pactados ata a data invocada, e ademais ó pagamento dos xuros de demora tamén pactados e as custas, e ó seu pagamento debo condenar e condeno expresamente á parte demandada.

Contra esta sentencia poderá interporse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación».

E para a súa publicidade e que lles sirva de notificación ós demandados non comparecidos, Enrique Chenlo Laseiras, José Chenlo Couselo e Delfina Laseiras Piñeiro, expido o presente edicto en Padrón, o catro de xullo de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

6379