Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 09 de setembro de 1996 Páx. 8.277

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

ACORDO do 10 de xullo de 1996 polo que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello de Contas de Galicia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello de Contas de Galicia, por acordo do 14 de maio de 1996 (Diario Oficial de Galicia, número 107 do 31 de maio), este consello, de conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 3 da Lei 6/1985, do 24 de xuño,

ACORDA:

Primeiro.-Selecciona-lo funcionario que se sinala no anexo para o posto de traballo que se indica, quedando condicionada a súa adxudicación á resolución de traslado a este consello por parte do organismo correspondente da súa Administración de orixe.

Se no prazo de dous meses, contados a partir da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, o funcionario que se indica non puidese incorporarse ó posto de traballo para o que foi seleccionado, por non estar resolto o seu traslado ó Con

sello de Contas, considerarase deserta a praza e poderá procederse de novo á súa provisión.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario producirase no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ó da data de publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia ou, se é o caso, da data de resolución das situacións a que se refire o primeiro apartado deste acordo.

A toma de posesión da praza adxudicada comezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, e que será de tres días hábiles se o posto de traballo se atopa na mesma localidade, ou no prazo dun mes de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo para a Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo do prazo para a toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, lle fosen concedidos ó interesado.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro.-A toma de posesión realizada dentro dos prazos referidos, delixenciarase e tramitarase conforme as disposicións que regulan a materia.

Cuarto.-Contra este acordo cabe interpor recurso ordinario ante este consello no prazo dun mes a

partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 1996.

Carlos Otero Díaz

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

NRP/DNI: 3600672568 A2053.

Grupo: C.

Apelidos e nome: Cunqueiro Sarmiento, Francisco.

Orixe:

Organismo: Consellería de PTOPV da Xunta de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.-Destino:

Posto de traballo: axudante de auditoría.

Nivel: 22.

Localidade: Santiago de Compostela.

5488