Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 06 de setembro de 1996 Páx. 8.243

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (124/1996).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos de xuízo de desafiuzamento tramitados neste xulgado co número 124/1996, se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela, o 24 de xuño de 1996. Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de desafiuzamento de local de negocio por falta de pagamento da renda seguido neste xulgado co número 124/1996, no que actuaron como demandante María Olga Vilas Martínez, representada polo procurador dos tribunais Victorino Regueiro Muñoz, e asistida polo letrado Sánchez-Brunete Varela, e como demandada G y A Publicatarios de Exterior, S.L., e co último domicilio coñecido en Santiago, declarada rebelde en autos.

Decido que, estimando a demanda presentada, debo declarar e declaro haber lugar ó desafiuzamento solicitado e á resolución do contrato de arrendamento do local de negocio descrito na demanda, e condeno a sociedade demandada a que o desaloxe con apercibimento de lanzamento, se non o deixase libre no prazo legal e con expresa imposición de custas. Contra esta resolución poderase interpor recurso de apelación para ser resolto polo audiencia

provincial neste xulgado no prazo de tres días desde a notificación conforme o trámite escrito previsto nos artigos 733 LAC e seguintes. Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lle sirva de notificación á parte demandada, G y A Plublicatarios de Exterior, S.L., expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dous de xullo de mil novecentos noventa e seis, dou fe.

Rubricado

5456