Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 06 de setembro de 1996 Páx. 8.243

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (334/1994).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fai saber: que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 334/1994, se seguen autos de executivo outros títulos, por instancia da procuradora Mª Soledad Sánchez Silva, en representación de Lico Leasing, S.A., contra Dinatex, S.L. e Bernardino Paris Figueiras, en reclamación de cantidade, e nas súas actuacións acordouse sacar á venda, en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo de valoración pericial, o seguinte vehículo embargado a Dinatex, S.L.:

-Vehículo marca Volvo, modelo 460 turbo, matrícula LU-4424-N, data de matriculación 10-2-1992.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na r/ Viena, polígono das Fontiñas, o vindeiro día 23 de outubro, ás once horas, consonte as seguintes condicións:

1. O tipo do remate será de 1.350.000 pesetas, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación, deberán os licitadores consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no Banco Bilbao Vizcaya, nº conta 1592-17-334-94, o vinte por cento do tipo do remate.

3. Poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o vinte por cento do tipo do remate.

4. Só o acredor poderá face-lo remate en calidade de cederllo a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito, por instancia do acredor, as consignacións dos ofertantes que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida apro

barse o remate a prol dos que o sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

4. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta a queda subrogado na responsabilidade destes, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro 19 de novembro, ás once horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo do remate, que será do setenta e cinco por cento do da primeira; e, en caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 18 de decembro, tamén ás once horas, e rexerán para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Sírvalles esta publicación de notificación ós demandados para o caso de que non puidese practicarse no seu domicilio.

Dado en Santiago de Compostela o dous de xullo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

96-5408