Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 06 de setembro de 1996 Páx. 8.242

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (323/1994).

María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe: de que no xuízo de xustiza gratuíta tramitado neste xulgado co nº 323/1994, se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal que segue:

«En Santiago de Compostela, o tres de xullo de 1996, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil incidental de xustiza gratuíta, substanciada polos trámites do xuízo verbal seguido neste xulgado co nº 323/1994, e como peza separada do procedemento de divorcio do mesmo número, no que actuaron, como parte demandante, Isolina Fernández Seijas, representada polo procurador dos tribunais Manuel Merelles e asistida polo letrado Salvador Antonio Rodríguez Gavela, nomeados ambos de oficio, e no que se lle deu audiencia a Ramón Enrique Hernández y Naspe e ó letrado da Xunta de Galicia.

Decido que, estimando a demanda presentada, debo declarar e declaro o dereito á xustiza gratuíta de Isolina Fernández Seijas co obxecto de presentar demanda de divorcio contra Ramón Enrique Hernández Naspe, sen prexuízo do disposto nos artigos

28, 45 e 48 da LAC, declarando de oficio as custas causadas. Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a audiencia provincial neste xulgado, no prazo de cinco días desde a notificación, conforme o trámite previsto no artigo 733 LAC. Así, por esta miña resolución, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa, dou fe».

E para que así conste e lle sirva de notificación ó demandado Ramón Enrique Hernández y Naspe, actualmente en paradoiro descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o cinco de xullo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

5592