Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 06 de setembro de 1996 Páx. 8.242

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (175/1996).

Lorenzo Villapando Lucas, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela, fai saber: que no xuízo executivo nº 175/1996, promovido polo Banco Central Hispanoamericano, S.A., con DNI/CIF A-28000446, domiciliado na r/ Compostela nº 8-4º Esq. (A Coruña), representado polo procurador dos tribunais Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Ampesser, S.L. e José Ramón Liñayo Leboráns, en reclamación de cantidades por importe 3.672.780 pesetas por principal, xuros e custas orzadas, acordou por providencia desta data, citar de remate a dita parte demandada Ampeser, S.L., con DNI/CIF B-15359441, domiciliada en r/ Alfredo Brañas, nº 18, local 24 (Santiago de Compostela), da que se descoñece o seu domicilio actual, para

que no termo de nove días compareza nos autos por medio de procurador que a represente e avogado que a defenda, e se opoña, se lle conviñese, á execución contra ela despachada, estando xa practicado o embargo dos seus bens sen previo requirimento de pagamento, dado o seu ignorado paradoiro. De igual modo faise saber que as copias da demanda e documentos acompañados están á súa disposición na secretaría deste xulgado. De non comparecer en legal forma, será declarada en rebeldía, seguindo o xuízo o seu curso sen volver a citala nin facerlle outra notificación máis cás que a lei determina.

Dado en Santiago de Compostela o cinco de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Lorenzo Villalpando Lucas

Secretario

Bens embargados

-Dereito de propiedade ou traspaso que ostente sobre o local sito na rúa Alfredo Brañas nº 18, local 24 de Santiago de Compostela.

-Saldos bancarios en Banco Pastor, Caixa Galicia, Banesto e BBV.

5455