Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 06 de setembro de 1996 Páx. 8.242

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (154/1996-02).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber, que neste xulgado se segue xuízo de faltas número 154/1996, por instancia de policías locais número 121 e 136 contra Manuel Riveiro Álvarez, e nas súas actuacións en resolución desta data acordouse citar a Manuel Riveiro Álvarez, co fin de que o día tres de outubro, ás dez trinta horas, compareza perante este xulgado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas, e apercíboo de que, en caso de non o verificar, recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito e de que deberá comparecer asistido das probas das que intente valerse.

E para que conste e lle sirva de citación a Manuel Riveiro Álvarez, expido e asino en Santiago de Compostela o dous de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

5407