Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 06 de setembro de 1996 Páx. 8.241

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (316/1995).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Certifico: que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís figura a recaída nos autos de xuízo de menor contía nº 316/1995, co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela, o dezaoito de marzo de mil novecentos noventa e seis.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de xuízo de menor contía seguidos neste xulgado baixo o número 316/1995, por instancia de José Luis Míguez Rey, representado pola procuradora Esperanza Álvarez, asistida do letrado Domínguez Noya, contra Galfruit, S.L., declarado en situación procesual de rebeldía.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora Esperanza Álvarez en nome e representación de José Luis Míguez Rey, contra Galfruit, S.L., declarada en situación procesual de rebeldía, condenándoo a aboarlle ó demandante a cantidade de oitocentas vintetrés mil duascentas pesetas (823.200 ptas.), así como os xuros legais desde o 5 de xullo de 1995, data de reparto da presente demanda.

As custas impóñenselle á demandada.

Notifíqueselle esta resolución ó demandado rebelde de conformidade co previsto no artigo 769, en relación co 282 e 283 da Lei de axuizamento civil, de non poder levarse a cabo a notificación persoal.

Contra esta resolución poderase impor neste xulgado recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A sentencia inserida foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e para que lle sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, Galfruit, S.L., con último domicilio coñecido en Ponte de San Láraro, Edificio M.R., A Granxa-Santiago de Compostela, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o dezaseis de abril de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

5356