Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 06 de setembro de 1996 Páx. 8.244

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (32/1996-V).

Eu, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado e co número 32/1996-V, se tramitan autos de xuízo de faltas por lesións en autolesión, e nos seus autos acordouse citar a Luis López Míguez para que compareza na sala de audiencias número catro deste xulgado, sito no Pazo de Xustiza, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o vindeiro día dezaoito de outubro, ás once cincuenta horas, co fin de asistir como denunciante á celebración do xuízo, debendo comparecer provisto do seu DNI e, se fose parte, cos medios de proba dos que intente valerse, baixo apercibimento de que, se non o fixese, recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que lle sirva de citación en forma ó expresado demandado e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o catro de xullo de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

5458