Eu, Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción núemro cinco de Santiago de Compostela, fago saber, que neste xulgado e co número 223/1996-V, se tramitan autos de xuízo de faltas por danos e agresións, e nos seus autos acordouse cita-la directora do Colexio Maior Virxe do Portal para que compareza na sala de audiencias nº 4 deste xulgado, sito no Pazo de Xustiza, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o vindeiro día dezaoito de outubro, ás doce horas, co fin de asistir como prexudicada
á celebración do xuízo, debendo comparecer provista do seu DNI e, se fose parte, cos medios de proba dos que intente valerse, baixo apercibimento de que, se non o fixese, recaerán sobre ela os prexuízos ós que houber lugar en dereito.
E para que lle sirva de citación en forma á expresada demandada e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o cinco de xullo de mil novecentos noventa e seis.
A secretaria
Rubricado
5547