Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 06 de setembro de 1996 Páx. 8.244

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (443/1995).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 6 de Santiago de Compostela tramítanse, co número 443/1995, autos do procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, por instancia de Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra María Cristina Uralde López, veciña de Santiago de Compostela, con domicilio na rúa Xeneral Pardiñas nº 40, 1º B, en reclamación dun préstamo con garantía hipotecaria, nos cales se acordou sacar a poxa pública, por primeira vez e termo de vinte días, o seguinte predio:

Praza de garaxe número cento corenta e seis, que representa unha cota de cero, cincuenta e nove por cento indiviso (no sucesivo, predio) do seguinte predio integrante no edificio denominado bloque R.2.1., sito no polígono das Fontiñas desta cidade de Santiago de Compostela. Número un: planta de soto destinada a garaxes. Ten a súa entrada a nivel da rúa pola súa zona leste, nas proximidades da sur, e ten, á súa vez, acceso por dous puntos con escaleiras descendentes. Atópase construído de forma anular, e ten no centro un cadro sen construír. Destinado a cento cincuenta prazas de garaxe, ocupa a superficie total útil bruta de catro mil sesenta e cinco metros con noventa e nove decímetros cadrados, e linda, na súa maior parte a nivel subteráneo: norte, corredor verde 9, hoxe rúa de Berna; leste, vial 4, hoxe rúa de Lisboa; sur, vial 143, hoxe rúa de Londres; e oeste, zona verde V-2, hoxe rúa de Atenas. Linda ademais, polos catro lados, co cadrado central sen construír. Inscrita no

Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela nº 1, no tomo 1.061, libro 96, folio 1, predio 9.0022-G nº 146.

O remate terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, ás once horas do día 15 de outubro próximo, baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O tipo de poxa é o de 1.308.240 ptas, fixado na escritura de constitución da hipoteca, e non se admitirán ofertas que non cubran a dita cantidade.

Segunda.-Para tomar parte na poxa, deberán os licitadores consignar previamente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado nº 1500-18042494 do Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, o vinte por cento da dita cantidade, requisito sen o cal non serán admitidos.

Terceira.-Os autos e as certificacións que refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria, estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación achegada.

Cuarta.-As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate.

De non haber demandantes na primeira poxa, sinálase para a segunda o día 15 de novembro ás once horas, coa rebaixa do 25% do tipo da primeira, sinalándose para a terceira, se é o caso, sen suxeición a tipo, o día 16 de decembro seguinte, tamén ás once horas.

Dado en Santiago de Compostela o vintenove de xuño de mil novecentos noventa e seis.

A maxistrada-xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado

6368