Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 05 de setembro de 1996 Páx. 8.220

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (329/1994)

Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber: que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 329/1994, se seguen autos de executivo letras de cambio, por instancia do procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, en representación de Banco Zaragozano, S.A., contra José Antonio Quiñoy Pandelo e Mercedes Baluja Liñares, en reclamación de cantidade, e nas súas actuacións acordouse sacar á venda, en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo de valoración pericial, o seguinte predio embargado ós demandados:

-Casa sinalada co nº 14 moderno do lugar de Angrois, concello de Santiago de Compostela, que consta de planta baixa e piso alto. Ten como anexo un alpendre e cuarto unido polo sur e outro alpendre unido polo norte, formando una eira de mallar e resto do terreo formando un só predio de sete áreas e noventa e oito centiáreas. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela, no tomo 1.106, libro 136, folio 120, predio 13.280.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na R/ Viena, polígono das Fontiñas, o vindeiro día 9 de outubro, ás once horas, consonte as seguintes condicións:

1. 0 tipo do remate será de 3.665.200 pesetas, sen que se admitan ofertas que nun cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación, deberán os licitadores consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no Banco Bilbao Vizcaya, nº conta 1592-17-329-94, o vinte por cento do tipo do remate.

3. Poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o vinte por cento do tipo do remate.

4. Só o acredor poderá face-lo remate en calidade de cederllo a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito, por instancia do acredor, as consignacións dos ofertantes que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a prol dos que lle sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

6. Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do rexistro, atópanse de manifesto na secretaría do xulgado, e os licitadores deberán conformarse con eles, sen poderen esixir outros.

7. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro 12 de novembro, ás once horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo do remate, que será do setenta e cinco por cento do da primeira; e, no caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 12 de decembro, tamén ás once horas, e rexerán para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Sírvalles esta publicación de notificación ós demandados para o caso de que non puidese practicarse no seu domicilio.

Dado en Santiago de Compostela, o un de xullo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado