Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 05 de setembro de 1996 Páx. 8.219

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (286/1995).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos dos que se fai mención, se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din:

«En Santiago de Compostela o vintencinco de xuño de mil novecentos noventa e seis.

En nome de S.M. El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Instrucción nº 3 desta cidade, pronunciou a seguinte sentencia:

No xuízo de faltas 286/1995, dimanante do procedemento seguido por danos, no que foron partes, ademais do Ministerio Fiscal, Francisco Nogareda López, denunciante, con domicilio en Fervenza, Conxo nº 78, María del Carmen Luhía López, denunciada, con domicilio en r/ Ortegal, Cariño, 1.

Decido que debo absolver e absolvo do feito orixe destas actuacións a denunciada María del Carmen Luhía López, declarando de oficio as custas desta instancia.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes, coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría a disposición das partes. (O recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal), e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que lle sirva de notificación a María del Carmen Luhía López, expido e asino o presente testemuño en Santiago de Compostela o vinteoito de xuño de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudicial

Rubricado