Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 05 de setembro de 1996 Páx. 8.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 1996 pola que se anuncia a adxudicación de varios contratos.

Por resolución do secretario xeral, actuando en nome do conselleiro da Presidencia e Administración pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

-Adxudicación, en réxime de concesión, dos servicios de cafetería e comedor dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, situados en San Caetano, Santiago de Compostela.

Adxudicatrio: Administración de Servicios Hosteleros, S.A.

-Contratación da subministración de material para o Plan de Salvamento en Praias de Galicia (Sapraga).

Adxudicatario: Náutica de Galicia, S.A. (Nagasa).

Importe: 11.640.000 ptas.

-Subministración de mobiliario para o Consello Consultivo de Galicia.

Adxudicatario: Deseño Galicia, S.L.

Importe: 14.450.000 ptas.

-Subministración de uniformes de inverno e verán para conductores e ordenanzas da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Adxudicatario: José Mosquera Rey (Breisa).

Importe: 7.521.700 ptas.

-Asistencia técnica para a prestación de apoio á Inspección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia e Administración Pública para a avaliación das unidades administrativas da Xunta de Galicia, durante o ano 1996.

Adxudicatario: Publius, S.L.

Importe: 9.950.000 ptas.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1996)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública