Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 05 de setembro de 1996 Páx. 8.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 1996 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e concurso público, do contrato privado de seguro (póliza) de accidentes deportivos, asistecia sanitaria e responsabilidade civil.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación do contrato ó que refire a presente resolución e que posúe as seguintes características:

-1. Entidade adxudicadora: a Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato: contrato privado de seguro (pó1iza) que terá por obxecto garanti-la prestación de asistencia sanitaria no caso de accidente deportivo motivado polo feito ou con ocasión do exercicio da actividade deportiva e as indemnizacións por perdas anatómicas ou funcionais e responsabilidade civil producidas por idénticas causas.

a) Período de vixencia: 1 de outubro de 1996 ata o 15 de setembro de 1997.

b) Orzamento de execución: 17.850.000 ptas., co seguinte detalle por anualidade:

-Anualidade de 1996: ata 5.504.764 ptas.

-Anualidade de 1997: ata 12.345.236 ptas.

c) Prima individual máxima: 350 ptas.

d) Número estimado do colectivo que se vai asegurar: 51.000 deportistas.

3. Requisitos do asegurador:

a) A acreditación da solvencia técnica ou profesional:

Mediante os documentos e medios de proba que enumera o artigo 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio, do contrato das administracións públicas.

Sinaladamente, o licitador acompañará cadro dos servicios médicos hospitalarios e extrahospitalarios cos que conta para a prestación dos servicios de asistencia sanitaria ós que refire o obxecto, parcial, do contrato que se pretende.

b) Outros requisitos.

Tódolos consignados no prego de cláusulas administrativas particulares e sinaladamente os esixidos no artigo 80.2º e) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

4. Garantía provisional e definitiva: prestarase en calquera das formas admisibles, por importe do 2% e 4%, respectivamente, do orzamento de licitación.

5. Obtención de documentación e información: no servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio Multiusos de San Lázaro s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 54 26 26. Fax: 54 26 39).

6. Presentación de ofertas:

a) Data límite: ás 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural posterior á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos. San Lázaro. 15890 Santiago de Compostela. Fax (981) 54 26 39, ou no xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 1OO do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: non admisibles.

7. Apertura de ofertas: levarase a cabo ás 9.30 horas do segundo día hábil ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

8. Gastos de anuncios: será de cargo do adxudicatario o custo da publicación da presente resolución no Diario Ofcial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 1996.

P.D.( Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte