Extraviado o resgardo do depósito en aval bancario número 3164/1995, constituído na caixa de depósitos da Delegación Territorial de Economía e Facenda de Pontevedra coa data do 28 de novembro de 1995, por importe de 1.000.000 de ptas., sendo o propietario do metálico Mapfre Caución y Crédito e o garantido Scayr, S.A. y Construcciones, Obras y Viales, S.A. Ute, faise público para que no prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio poida ser alegado por terceiro o que considere oportuno, advertíndose que, transcorrido o referido prazo, se expedirán o novo resgardo, que anulará o primeiro.
Pontevedra, 22 de xullo de 1996.
Francisco Lozano Rodríguez
Delegado territorial de Pontevedra