Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 05 de setembro de 1996 Páx. 8.215

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 1996 pola que se convocan cinco cursos para á obtención do diploma de directivo da Xunta de Galicia.

A Lei 4/1991, do 8 de marzo, de reforma da Lei 4/1988, do 26 de marzo, da función pública de Galicia, crea no artigo 27.2º (último parágrafo), o diploma de directivo como requisito necesario para o desempeño de determinados postos de traballo.

Polo Decreto 294/1993, do 10 de setembro (DOG nº 208, do 26-10-92), modificado polo Decreto 1/1995, do 12 de xaneiro (DOG nº 9, do 13-1-95), e polo Decreto 319/96 (DOG nº 153, do 6-8-96), regulouse o diploma de directivo da Xunta de Galicia.

De acordo coa Orde do 2 de xuño de 1986, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada par Orde do 18 de outubro de 1991, e segundo o que se especifica no seu artigo 3º, indícase que o gasto que se proxecta queda condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente.

En execución do previsto nesta normativa convócanse cinco cursos para a obtención do diploma de directivo que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

1ª. Solicitantes.

Poderán solicitar este curso os funcionarios que reúnan as condicións e requisitos esixidos-nos artigos 2º e 4º) (último parágrafo), do decreto antes mencionado.

No caso de que non se complete a cota reservado ó persoal mencionado no último parágrafo do artigo 4º do devandito decreto, as prazas sobrantes poderán

ser cubertas polo persoal ó que se refire o penúltimo parágrafo do mesmo artigo.

2ª. Criterios de selección dos participantes.

A selección dos participantes farase por unha comisión, aplicando un baremo que se complementará coa realización dunha entrevista.

No baremo valoraranse, con 5 puntos como máximo, os seguintes méritos adquiridos ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación no curso:

a) Experiencia en posto directivo nas administracións públicas. Por director xeral: 1 punto por ano completo; de subdirector xeneral: 0,5 puntos por ano completo; de xefe de servicio: 0,25 puntos por ano completo. As fraccións de ano traballado nun posto poderanse acumular a outro posto de nivel inferior. A puntuación máxima non superará os 2,5 puntos. Esta experiencia deberá ser certificada, segundo modelo oficial, polo responsable dos servicios de persoal de que dependa o solicitante. As datas de referencia, para efecto do cómputo do tempo, serán as que figuran na dilixencia de toma e cesamento de posesión.

b) Experiencia en posto directivo en empresas privadas. Como responsable máximo: 1 punto por ano completo; como responsable sectorial; 0,5 puntos por ano completo. A acreditación farase presentando copia compulsada do contrato ou documento público adecuado. A puntuación máxima será de 1,25 puntos.

c) Cursos específicos para directivos. Por cursos de menos de 50 horas: 0,07 puntos; por cursos de 51 a 100 horas; 0,08 puntos; por cursos de 101 a 150 horas: 0,09 puntos; por cursos de máis de 150 horas: 0,10 puntos. A puntuación máxima será de 0,60 puntos. Estes cursos haberán de versar sobre algunha das materias das que se trata neste curso.

d) Título de doutor. Pola posesión do título de doutor: 0,10 puntos. A puntuación máxima será de 0,10 puntos.

e) Publicación de monografías ou artigos sobre temas de xestión pública. Por cada monografía: 0,10 puntos; por cada artigo: 0,05 puntos. A puntuación máxima será de 0,35 puntos. Só se valorarán as monografías ou artigos aparecidos en publicacións con ISBN ou ISSN.

f) Coñecementos de idiomas.

-Galego: título de licenciado en filoloxía galega: 0,10. Certificado de aptitude de perfeccionamento ou superior: 0,07 puntos; certificado de aptitude de iniciación; 0,03 puntos. A puntuación máxima será de 0,10 puntos. Se se valora o certificado de perfeccionamento non se valora o de iniciación.

-Idiomas comunitarios: título de licenciado no idioma respectivo; 0,10 puntos; certificado de aptitude de nivel medio: 0,07 puntos; certificado de

aptitude de iniciación: 0,03 puntos. A puntuación máxima será de 0,10 puntos. Se se valora o nivel medio non se valora o nivel de iniciación.

Unha vez baremadas as solicitudes, a comisión determinará a puntuación mínima que debe obterse para ser convocado á realización da entrevista.

A entrevista valorará as condicións intelectuais, calidades humanas e profesionais e a capacidade de liderato e motivación. A entrevista valorarase ata un máximo de 5 puntos.

A relación de participantes admitidos para a realización do curso publicarase no taboleiro de anuncios da EGAP, sen prexuízo de comunicárllelo directamente ós seleccionados para que poidan obte-lo permiso de asistencia.

3ª. Cobertura de prazas vacantes.

Se unha persoa seleccionada para un curso cause baixa antes do comezo deste ou no transcurso das 20 primeiras horas lectivas, deberá comunicárllelo á EGAP para a súa substitución polo que corresponda segundo o orde de preferencia no proceso selectivo. Se durante o desenvolvemento do curso algún alumna vai destinado a outra Administración pública, poderá optar par continuar no curso aboando nese momento o custo total da súa praza ou causar baixa inmediatamente renunciando así á posible obtención do diploma de directivo.

4ª. Características dos cursos.

-Duración: 150 horas.

-Lugar: EGAP. Polígono das Fontiñas, s/n. Santiago de Compostela.

-Datas: os cinco cursos desenvolveranse ó longo de 1997.

-Horarios: xeralmente xoves, venres e sábados.

-Prazas: 30 por curso.

-Contido básico: estará constituído polo desenvolvemento teórico-práctico das seguintes materias básicas. A función directiva na Administración pública. Seminario de habilidades directivas. A xestión de recursos humanos na administración pública. A xestión económica na administración pública. Organización e procedemento administrativo. Dirección por obxectivos e control de xestión. Xestión de cambio e modernización administrativa.

As clases completaranse con conferencias a cargo de especialistas cualificados.

5ª. Asistencia.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas actividades dos cursos. A ausencia xustificada deberá ser autorizada polo director ou responsable do curso. A falta de asistencia inxustificada a 20 ou máis horas lectivas por curso determinará a calificación de «non apto». A falta de asistencia, aínda

que estea xustificada, a máis do 20% das horas lectivas, determinará tamén a cualificación de «non apto» no curso.

6ª. Probas e certificados de aptitude.

Valorarase a participación e dedicación dos alumnos ó longo do curso e o traballo final. A EGAP fixará as probas parciais e finais que estime pertinentes para avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos ó longo do curso e a memoria ou traballo de prácticas. Poderá constituírse un comité de avaliación formado por un equipo de profesores presidido polo director do curso.

Os declarados «non apto» perderán a preferencia que lles poida corresponder nos procesos selectivos que se realicen nos próximos tres anos fronte ós aspirantes que se presenten por primeira vez.

7ª. Expedici6n do diploma de directivo.

Finalizado o curso, o director deste elevará a proposta dos aptos ó director da EGAP, que dictará a resolución definitiva e expedirá o diploma de directivo.

8ª. Modificacións.

-A EGAP poderá modifica-los contidos, duración, datas e horarios mencionados para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que xurdan no desenvolvemento de cada curso.

9ª. Instancias e prazo de presentación.

As instancias presentaranse segundo o modelo que figura como anexo I a esta convocatoria. Xunto coa instancia, os solicitantes deberán presentar unha breve memoria escrita a máquina ou ordenador, a dobre espacio, en DIN A4 sobre as funcións e roles dos directivos na Administración pública. Presentarán tamén coa instancia o anexo II no que se resumen tódolos méritos e, ademais, tódoslos documentos (orixinais ou copias compulsadas) que acreditan suficientemente a súa validez, excepto os que certifican os responsables de persoal. A EGAP poderá solicita-la documentación complementaria ou aclaratoria da xa presentada no momento de solicita-lo curso.

A falsidade ou ocultación de datas é motivo de exclusión automática.

As instancias presentaranse na EGAP ou enviaranse por calquera dos medios permitidos pola normativa reguladora do procedemento administrativo.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicaci6n desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 1996.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO II

MÉRITOS QUE SE FAN CONSTAR NA SELECCIÓN PARA O CURSO

DE OBTENCIÓN DO DIPLOMA DE DIRECTIVO

1. Experiencia en postos directivos nas Administracións Públicas.

Don/dona

(Nome e apelidos do funcionario responsable dos servicios de persoal)

Cargo

Organismo

CERTIFICA:

Que don/dona

ocupou nas Administracións pública ata a data de remate do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes postos, coa duración que se indica:

Director/a xeral ou

equivalente

DenominaciónTempo de desempeño

Subdirector/a xeral ou

equivalente

DenominaciónTempo de desempeño

Xefe/a de servicio ou

equivalente

DenominaciónTempo de desempeño

2. Outros méritos.

Don/dona

(O/A aspirante)

declara pola súa honra que son certos e acredita documentalmente (documentos orixinais ou compulsados) tódolos datos que se fan constar para a valoración dos seguintes méritos:

Responsable máximo

de empresa privada

DenominaciónTempo de desempeño

Responsable sectorial

de empresa privada

DenominaciónTempo de desempeño

Curso: denominaciónOrganismoNº horas lectivas

que o convocou

Monografía sobre:Publicada en

Artigo sobre:Publicada en

IdiomaClase de título ou certificación