Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 05 de setembro de 1996 Páx. 8.208

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector da limpeza de edificios e locais.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector de limpeza de edificios e locais, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 26-6-1996, subscrito en representación da parte económica polo Asociación Provincial de Empresarios de Limpeza de Edificios y Locales, e da parte, social polas centrais sindicais CC.00., UGT e CIG, o 18-6-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º y 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Láborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, 27 de xuño de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo provincial de limpezas de edificios e locais de Pontevedra para o ano 1996

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo afecta a todo o persoal e empresas que se rexen pola ordenanza laboral para as empresas dedicadas á limpeza de edificios e locais do 15 de febreiro de 1975, comprendendo o seu ámbito de aplicación a provincia de Pontevedra, así como os novos centros de traballo que no ámbito desta provincia se creen ou instalen.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Atópanse incluídos no ámbito de aplicación deste convenio tódolos traballadores dependentes destas empresas, quedando excluídas aquelas persoas que, de acordo coa ordenanza laboral vixente, poidan saír do seu ámbito.

Artigo 3º.-Duración e vixencia.

O presente convenio terá unha duración de dous anos, contados do 1 de xaneiro de 1996 ó 31 de decembro do ano 1997. Entrará en vigor ós 10 días da súa sinatura, se ben os seus efectos económicos, pactados para o primer ano de vixencia do convenio, terán efecto retroactivo ó 1-1-1996.

Entenderase prorrogado tacitamente por períodos anuais sempre que por calquera das partes non sexa denunciado cando menos con tres meses de antelación ó seu vencemento ou de calquera de súas prorrogas. Caso de non chegar a unha negociación despois de realizada a denuncia, o texto do convenio quedará prorrogado, non así os conceptos salariais, que aumentarán de acordo coa subida do IPC real.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas e de calquera índole contidas no presente convenio teñen carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas ou situacións implantadas polas empresas e que impliquen condicións máis beneficiosas para os traballadores verbo do presente convenio subsistirán para aqueles que as veñen desfrutando, pero sen que poidan interpretarse que sobre as chamadas condicións máis beneficiosas, teña que computarse o melloramento económico que supón o presente convenio.

Artigo 5º.-Salarios.

As retribucións correspondentes ás distintas categorías do persoal afectado para este convenio fíxanse na táboa salarial anexa para o ano 1996, que supón un incremento salarial do 4,5% sobre as táboas vixentes o 31 de decembro de 1995.

Para o segundo ano de vixencia do convenio os salarias do convenio incrementaranse unha porcentaxe igual ó IPC rexistrado o 31-12-1996 máis o 0,5%.

O aboamento dos salarios deberá efectuarse nos días 30 ó 31 do mes no que se devenguen e como máximo o día 3 do mes seguinte.

Artigo 6º.-Antigüidade.

Os traballadores comprendidos no ámbito de aplicación deste convenio desfrutarán, como complemento persoal de antigüidade, dun aumento periódico por cada tres anos de servicio prestado na mesma empresa, na contía do cinco por cento para cada trienio sobre o salario base.

Artigo 7º.-Pagas extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá as gratificacións extraordinarias correspondentes a xullo e Nadal, na contía, cada unha delas, dunha mensualidade de salario base do convenio máis antigüidade, se é o caso. As ditas pagas extraordinarias de xullo e Nadal percibiranse na súa integridade, independentemente de que o traballador tivera estado en situación de IT durante o de devengo de cada unha delas, e serán aboadas entre os días 10 e 20 dos respectivos meses.

Igualmente percibirán entre os días 10 ó 20 do mes de marzo unha paga de beneficios, na contía dunha mensualidade de salario base do convenio, máis a antigüidade, se é o caso. A dita paga deberá de referirse ó ano natural anterior, aboándose a pro rata dos días traballados. Non obstante o anterior, esta paga percibirase na súa integridade, independentemente de que o traballador estivera en situación de IT durante o período de devengo da dita paga.

O persoal que desfrute de vacacións durante o mes de xullo terá dereito a un anticipo do 90% do importe de paga extraordinarias de xullo, sinalada no parágrafo primeiro.

Artigo 8º.-Plus de transporte.

Os traballadores que teñan que utilizar vehículos para o traslado entre varios centros de traballo terán dereito ó abono dun plus de transporte na cantidade que pagara en medios normais de locomoción.

Independentemente, os traballadores afectados por este convenio percibirán en concepto de plus de transporte a cantidade de 9.155 ptas (nove mil cento cincuenta e cinco) mensuais. Por cada día de ausencia ó traballo descontarase a cantidade de 366 ptas., non considerándose como ausencia, para estes efectos, o descanso semanal ó que ten dereito o traballador.

Este plus de transporte aboarase a pro rata do tempo traballado.

Artigo 9º.-Plus de asistencia.

Establécese a cantidade de 6.515 ptas./mes (seis mil cincocentas quince pesetas-mes). Por cada día de ausencia ó traballo descontarase a cantidade de

296 pesetas, non considerándose como ausencia, para estes efectos, o descanso semanal ó que teña dereito o traballador.

Este plus de asistencia aboarase á pro rata do tempo traballado.

Artigo 10º.-Plus de toxicidade, perigosidade e nocturnidade.

O plus fixado no apartado a) do artigo 53 da vixente ordenanza, sobre labores tóxicos ou perigosos, queda establecido na contía do 30% do salario base de cada categoría.

O plus de nocturnidade previsto no apartado b) do mesmo corpo legal, percibirase na contía do 35% sobre o salario base de cada categoría. Os traballadores de nova contratación percibirano igualmente.

Os traballadores que teñan dereito a percibi-lo plus de nocturnidade percibirano na contía establecida no texto do convenio e sobre o salario base mensual de trinta días, aboándose a pro rata do tempo traballado.

O plus de perigosidade pagarase os traballadores que habitualmente presten os seus servicios sobre andamio, ou cos pes sobre escaleira situados a unha altura superior a 1 m 80 cm. Este plus aboarase por tempo efectivo de traballo.

Artigo 11º.-Xornada laboral.

A xornada laboral ordinaria será de 39 horas e 15 minutos semanais de traballo efectivo.

Nos supostos de xornada continuada establecerase un período de descanso obrigatorio de 20 minutos, que se computará como tempo de traballo efectivo, sen prexuízo das condicións máis favorables existentes nas empresas. É dicir, as que teñan máis dos vinte minutos agora establecidos.

Os traballadores disporán de tres días de descanso ó ano, que se desfrutarán os días de Sábado Santo, 24 e 31 de decembro. Aqueles traballadores para os que eses días non sexan laborables, desfrutaranos nas datas que acorden empresario e traballador.

Cando se amplíe a xornada nun centro de traballo, terán preferencia para o incrimento da xornada laboral, os traballadores que presten servicios no dito centro e non teñan xornada completa. Caberán excepcións cando existan razóns organizativas ou productivas xustificadas.

O incremento salarial que supoña o aumento de xornada, non afectará ó importe do plus de antigüidade que o traballador viñese percibindo.

Artigo 12º.-Traballo en domingos e festivos.

O traballador cunha xornada laboral que se desenvolva en domingo ou días festivos terá opción a:

a) O aboamento, segundo a normativa vixente.

b) A acumula-lo descanso ós días de vacacións regulamentarias.

c) Desfrutar en compensación, dun día de descanso semanal.

Por outra banda, o traballador que preste servicio como mínimo dous domingos nun mes terá dereito a un día adicional de descanso sen prexuízo doutros dereitos que lle puideran corresponder.

Os festivos terán a mesma consideración que os domingos para efectos do descanso adicional regulado anteriormente.

Así mesmo, se un traballador presta os seus servicios tres domingos ó mes durante dous meses consecutivos, terá dereito a un día máis de descanso.

Artigo 13º.-Horas extraordinarias.

Observarase o disposto no Estatuto dos traballadores e demais disposicións que o desenvolvan.

Artigo 14º.-Licencias.

Logo de solicitude dos traballadores afectados considerarase licencia retribuída polo tempo e nos casos seguintes:

a) Matrimonio do traballador: 15 días naturais.

b) Matrimonio de pais, pais políticos, fillos ou parente que convivan co traballador: 1 día natural.

c) Parto de esposa: 5 días laborais.

d) Falecemento ou enfermidade grave: do cónxuxe: 5 días naturais; pais, pais políticos e fillos: 3 días naturais; irmáns e parentes ata segundo grao de consaguinidade ou afinidade: 2 días naturais.

Se entre o traballador e os parentes anteriormente detallados houbera convivencia, a licencia sería de 5 días naturais. O mesmo ocorriría se o falecemento ou enfermidade grave dos parentes anteriores se producise fóra da localidade.

e) Falecemento de tío: 1 día natural. Se houbera convivencia entre o traballador e o falecido, a licencia sería de 2 días naturais.

f) Traslado de domicilio: 2 días laborais.

g) Os traballadores que cursen con regularidade estudios para a obtención dun título oficial académico ou profesional, terán dereito a un permiso retribuído de ata seis días ó ano para concorrer a exames, logo de comunicación do traballador á dirección da empresa con quince días de antelación e xustificación correspondente.

As referencias que os apartados c ) e d) do presente artigo fan á cónxuxe e o cónxuxe respectivamente, entenderanse feitos, así mesmo, ó compañeiro que en situación estable e acreditada conviva co traballador.

As traballadores por lactancia dun fillo menor de nove meses terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal nunha hora coa mesma finalidade.

Igualmente o traballador, solicitándoo coa debida antelación, terá dereito a dispoñer de ata cinco días de licencia e unha vez ó ano, non retribuidas pola empresa.

Artigo 15º.-Excedencias.

Todo traballador fixo cunha antigüidade ó menos de dous anos na empresa terá dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non inferior a seis meses e non maior de cinco anos.

O traballador excedente, cando a súa categoría se atope entre os pertencentes ós grupos de persoal subalterno e obreiro, terá dereito á reserva do seu posto de traballo durante un período máximo de dous anos. A reincorporación á empresa solicitarase cun preaviso de tres meses.

Excepcionalmente, cando a solicitude de excedencia sexa por un tempo máximo de dous anos, o traballador terá dereito a reintregrarse na empresa durante o prazo dos seis primeiros meses da dita excedencia, dispoñendo o empresario dese mesmo prazo dos seis meses para proceder á súa reincorporación. En todo caso, o traballador terá que poñer en coñecemento do empresario a súa intención de volver á empresa cunha antelación mínima dun mes. Pasados os seis primeiros meses de exercicio da excedencia sen que o traballador fixera uso do seu dereito, xa non poderá volver á empresa ata esgota-lo período de excedencia solicitada.

Artigo 16º.-Cambio de postos de traballo por embarazo.

As mulleres embarazadas terán dereito a seren cambiadas de posto de traballo a outro máis acorde co seu estado. non estando obrigadas en ningún caso a desempeña-las súas funcións en lugares radiactivos, infecciosos ou perigosos para o seu embarazo.

Esta situación dará lugar a unha suspensión do contrato de traballo cunha duración máxima de 16 semanas, cos efectos e condicións previstas no artigo 48.4º do Estatuto dos traballadores e segundo a nova redacción da Lei 3/1989, do 3 de marzo de 1989.

Artigo 17º.-Control médico obrigatorio.

Todo o persoal comprendido no presente convenio terá dereito a unha revisión médica a cargo da empresa cada seis meses.

Artigo 18º.-Asistencia a consultorios médicos.

Tódolos traballadores terán dereito a tres horas retribuídas pola empresa cada vez que teñan que asistir á consulta do médico de cabeceira. Cando o médico de cabeceira que lle corresponda ó traballador tivese o seu consultorio en localidade distinta daquela na que prestan os seus servicios os traballadores, estes disporán do tempo necesario.

O traballador que teña que acudir a un consultorio médico estará obrigado a avisar anticipadamente á empresa, debendo xustificar, por outra parte, que foi atendido polo médico de cabeceira.

Para a súa asistencia á consulta do especialista, os traballadores terán dereito a todo o tempo nece

sario logo de presentación do volante do médico de cabeceira. Ademais terán dereito a un día de asistencia ó especialista fóra da localidade.

Así mesmo, terán dereito a 3 horas retribuídas para asistir a consultorio médico con fillos menores de 12 anos ou fillos minusválidos calquera que sexa a súa idade, cun máximo de tres veces ó mes, sempre que a súa xornada laboral sexa coincidente co horario de consulta médica e co horario do seu cónxuxe ou compañeiro ou compañeira. Os procesos de rehabilitación non terán a consideración de consulta médica para efectos do dereito regulado anteriormente.

Artigo 19º.-Roupas de traballo.

Proverase a tódolos traballadores de roupas de traballo adecuadas para traballar en lugares radiactivos ou infecciosos. Concederase a todo o persoal a adecuada e regulamentaria roupa de traballo, buzos para o persoal masculino e batas para o persoal feminino cada seis meses, zapatillas cada tres meses ou ben zocos cada seis meses e guantes cada dez días.

Os cristaleiros serán providos de roupa de auga.

Con carácter exclusivo para centros hospitalarios e clínicos, as batas poderán cambiarse, de mutuo acordo e para todo o persoal do centro de traballo, por chaqueta curta e pantalón.

Artigo 20º.-Incapacidade temporal.

No caso de IT derivada de accidente laboral, tanto o acaecido no centro de traballo como o accidente in itinere, a empresa estará obrigada a complete-la prestación económica da Seguridade Social ata o importe íntegro do seu salario base do convenio máis a antigüidade máis o plus de asistencia, desde o primeiro día da baixa.

Por outra banda, nos supostos de IT, calquera que fose a súa causa, que motiven a hospitalización do traballador, as empresas completarán durante a hospitalización a prestación económica da Seguridade Social ata o importe íntegro do seu salario convenio máis a antigüidade e plus de asistencia, se é o caso.

Se o traballador tivera sufrido intervención cirúrxica, a obriga das empresas de complementa-la prestación da Seguridade Social estenderíase ó período de convalecencia e cunha duración máxima de noventa días naturais.

Artigo 21º.-Xubilación.

Os traballadores que cumpran a idade de 64 anos e demais requisitos esixidos poderán acollerse á modalidade de xubilación determinada no Real decreto lei 14/1981, do 20 de agosto e Real decreto 1194/1985, estando as empresas obrigadas a contratar simultaneamente no lugar do xubilado a outro traballador que sexa titular de dereito a calquera das prestacións económicas de desemprego ou xove

demandante de primeiro emprego, tal e como dispoñen as normas citadas.

Establécese un premio por xubilación anticipada coas seguintes escalas:

De mutuo acordo entre ámbalas partes:

60 anos: 6 mensualidades de salario real.

61 anos: 4 mensualidades de salario real.

62 anos: 2 mensualidades de salario real.

Opción do traballador:

63 a 64 anos: 2 mensualidades de salario real.

Co fin de contribuír á realización dunha política de promoción de emprego, a xubilación, para o persoal fixo da empresa, terá carácter de forzosa ó cumpri-lo traballador a idade de 65 anos, establecéndose un premio de 1 mensualidade de salario real.

Aqueles traballadores que, ó chegaren a esta idade, non teñan cumprido o período mínimo de cotización á Seguridade Social para causaren dereito á referida prestación, poderán continuar prestando servicios ata cumpriren o citado período de cotización, momento no que se causará baixa de xeito inmediato.

A empresa cubrirá o posto de traballo segundo necesidades de servicio, non tendo que ser coincidente a xornada efectiva de traballo do que se xubila coa do traballador entrante.

Artigo 22º.-Traslados a centros de traballo.

Co fin de evitar posibles actuacións unilaterais por parte das empresas, cando un traballador leve dous meses ininterrompidos prestando os seus servicios nun centro de traballo da mesma empresa, quedará fixo, salvo que por parte da dirección do centro no que presta os seus servicios, existan queixas razoadas e xustificadas con respecto ó cumprimento do traballo do productor, ou par necesidade evidente da empresa de ocupalo noutro centro de traballo por enfermidade, vacacións e demais licencias do persoal do cadro. O dito traslado non poderá ser superior a trinta días dentro do mesmo ano. O posto de traballo do traslado non poderá ser ocupado. No momento de proceder ó traslado, a empresa estará obrigada a comunicarllelo ós representantes legais dos traballadores co fin de busca-la solución menos gravosa para o persoal. O empresario estará obrigado, por outra parte, a respecta-la quenda que teña establecida o traballador, sempre que este realizase xornada completa nun único centro de

traballo e existira outro centro de traballo coa mesma quenda.

Artigo 23º.-Adscrición do persoal.

Primeiro.-Ó final da concesión dunha contrata de limpeza, os traballadores da empresa contratista saínte pasarán a estar adscritos á nova titular da contrata, quen se subrogará en tódolos dereitos e obrigas, sempre que se dea algún dos seguintes supostos:

a) Traballadores en activo que presten os seus servicios no dito centro cunha antigüidade mínima dos seis últimos meses, sexa cal for a modalidade do seu contrato de traballo.

b) Traballadores que no momento do cambio de titularidade da contrata, se atopen enfermos, accidentados, en excedencia, no servicio militar ou situación análoga, sempre e cando teñan prestado os seus servicios no centro obxecto de subrogación con anterioridade á suspensión do seu contrato de traballo e que reúnan a antigüidade mínima establecida no apartado a).

c) Traballadores que, con contrato de interinidade, substitúan algún dos traballadores nomeados no apartado anterior.

d) Traballadores de novo ingreso que, por esixencias do cliente, se incorporarán ó centro como consecuencia de ampliación de contrata, dentro dos seis últimos meses.

e) O persoal incorporado polo anterior titular a este centro de traballo dentro dos seis meses, seguirán pertencendo á dita empresa e non se producirá a subrogación citada, salvo que se acredite a súa nova incorporación ó centro e á empresa.

Segundo.-Tódolos supostos anteriormente establecidos deberán acreditarse verídica e documentalmente pola empresa saínte á entrante no prazo de tres días hábiles, mediante os documentos que se detallan ó final deste artigo.

O indicado prazo contarase desde o momento en que a empresa entrante comunique veridicamente á saínte e á Asociación Provincial de Empresarios de Limpezas de Edificios e Locais de Pontevedra, se-la nova adxudicataria do servicio. De non cumprir ese requisito, e sen máis formalidades, sobrogarase en todo o persoal que presta os seus servicios no centro de traballo.

En calquera caso, o contrato de traballo entre a empresa saínte e os traballadores só se extingue no momento no que se produza o dereito á subrogación del á nova adxudicataria.

Terceiro.-Non operará a subrogación no cese dun contratista que realice a primeira limpeza e que non teña subscrito contrato de mantemento.

Cuarto.-Se a subrogación dunha nova titular da contrata implicase que un traballador realizase a súa xornada en dous centros distintos, afectando a un só deles o cambio de titularidade da contrata, os titulares delas xestionarán o pluriemprego legal do traballador, así como o desfrute conxunto do período vacacional, aboándolle a empresa saínte a liquidación por partes proporcionais das pagas correspondentes. Esta liquidación non implicará o finiquito se continúa traballando para a empresa.

Quinto.-A aplicación deste artigo será de obrigado cumprimento para as partes que vincula, empresa cesante, nova adxudicataria e traballador.

Non desaparece o carácter vinculante deste artigo no caso de que a empresa adxudicataria do servicio o suspendese por un período inferior a dous meses; o dito persoal con tódolos seus dereitos adscribirase á nova empresa.

Documentos que facilitará a empresa saínte á empresa entrante:

-Certificado do organismo competente de estar ó día no pagamento á Seguridade Social.

-Fotocopia das catro últimas nóminas mensuais dos traballadores afectados.

-Fotocopia dos TC-1 e TC-2 de cotizacións á Seguridade Social dos catro últimos meses.

-Relación de persoal na que se especifique nome e apelidos, domicilio, número de afiliación á Seguridade Social, antigüidade, xornada, horario, modalidade da súa contratación e data de desfrute das súas vacacións.

-Copia de documentos debidamente dilixenciados por cada traballador afectado no que se faga constar que este recibiu da empresa saínte a súa liquidación de partes proporcionais dos seus haberes ata o momento da subrogación, non quedando pendente cantidade ningunha. Este deberá estar en poder da nova adxudicataria na data do inicio do servicio como nova titular.

Artigo 24º.-Absorción.

As melloras económicas contidas no seu conxunto no presente convenio compensarán ou absorberán aquelas melloras que se teñan producido voluntariamente e que veñan así cualificadas na nómina polas empresas desde a sinatura do último convenio.

Artigo 25º.-Altas na Seguridade Social.

A empresa estará obrigada a entregarlles ós traballadores fotocopia da alta na Seguridade Social, para o que disporá dun prazo de dúas semanas desde a súa incorporación ó traballo.

Igualmente, a empresa estará obrigada a colocar fotocopia dos boletíns de cotización nun taboleiro de anuncios nas súas oficinas.

Igualmente, a empresa estará obrigada a facilitar ó comité de empresa ou delegados de persoal fotocopia dos boletíns de cotización.

Artigo 26º.-Vacacións.

O persoal afectado polo presente convenio desfrutará de 30 días ininterrompidos de vacacións anuais retribuídas, que se desfrutarán entre os meses de xuño e setembro ámbolos dous inclusive. O inicio das vacacións terá lugar en día laborable que non sexa nin sábado, domingo, festivo ou día de descanso.

En cada empresa elaboraranse as quendas correspondentes. Para a elección de quenda por parte dos traballadores, seguirase en cada empresa unha orde rotativa de preferencia, de tal maneira que, quen

tivo preferencia de elección de quenda o ano anterior, é o último á hora de elixir quenda no ano seguinte.

O aboamento das vacacións farase en función do salario base do convenio, antigüidade, plus de asistencia, plus de transporte e plus de nocturnidade. Os pluses de asistencia e transporte aboaranse a pro rata do tempo traballado durante o ano.

Os traballadores que con anterioridade o período vacacional se encontren en situación de IT, terán dereito ó seu desfrute sempre que causen alta antes de finaliza-lo ano natural en curso.

O empresario saínte dunha contrata adxudicada a outra empresa estará obrigada a liquida-la parte proporcional que lles corresponda ós traballadores no concepto de vacacións.

Artigo 27º.-Vestiarios.

As empresas estarán obrigadas a solicita-los seus clientes que se facilite un cuarto apropiado ás necesidades do persoal.

Artigo 28º.-Seguro de accidentes de traballo.

As empresas afectadas por este convenio colectivo subscribirán pólizas de seguro colectivo de accidentes de traballo en favor de tódolos traballadores que teñan máis de media xornada e de aqueles que, calquera que sea a súa xornada, realicen tarefas dun certo risco ou se dediquen de xeito habitual a limpeza de cristais a alturas superiores a 1,80 m.

O resto dos traballadores tamén estarán incluídos na mencionada póliza, se ben, neste caso os capitais asegurados que se indican reduciranse á metade.

O dito seguro cubrirá, con carácter xeral, as seguintes garantías mínimas:

-Morte ou invalidez total: 1.500.000 ptas.

-Invalidez absoluta ou grande invalidez: 2.000.000 de ptas.

As ditas continxencias deberán derivarse en calquera caso de accidente laboral, incluído o accidente in itinere e as indemnizacións fixadas serán totalmente independentes daquelas que lles correspondan ós traballadores en virtude da lexislación laboral vixente.

Artigo 29º.-Axudas de custo.

Os traballadores que por razóns de prestación de servicio sexan desprazados a lugares de traballo sitos fóra do municipio da súa residencia e que non teñan a condición de traslado do artigo 40 do Estatuto dos traballadores, terán dereito á indemnización polos gastos orixinados que recibirá o nome de axudas de custo, devengando media axuda cando o traballador deba realizar unha comida; axuda completa, cando deba realizar dúas comidas, e axuda completa con pernoctación cando deba efectuar dúas comidas e pernoctar fóra do domicilio do traballador.

A contía das axudas de custo será a seguinte:

a) Media axuda: 1.778 ptas./día.

b) Axuda completa: 3.160 ptas./día.

c) Axuda con pernoctación: 5.267 ptas./día.

Artigo 30º.-Acción sindical e garantías de cargos sindicais.

En todo o relacionado con este tema aplicarase o disposto nos artigos 61 e seguintes do Estatuto dos traballadores, determinándose que cando un representante legal deba saír da empresa para exercer funcións de representación deberá comunicalo a esta o día anterior, salvo situacións excepcionais que se terán que xustificar posteriormente. Como xustificante será válido o comprobante dos organismos oficiais ou da central sindical correspondente.

Os delegados sindicais terán 20 horas mensuais retribuídas para realiza-lo seu cometido de representación nas empresas con máis de 25 traballadores.

Poderanse formar seccións sindicais en tódalas empresas de máis de 50 traballadores, como se estipula na Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical.

Será obrigatorio colocar un taboleiro de anuncios para a información sindical nas empresas que teñan centros de traballo con máis de 6 traballadores, que se axustará ó disposto no Estatuto dos traballadores.

De acordo co establecido no artigo 68 e) do E.T., en cada empresa se poderá establece-la acumulación do crédito horario dos representantes legais dos traballadores (delegados de persoal ou membros do comité de empresa) en un ou varios dos seus membros dunha mesma organización sindical, sen rebasa-lo máximo total de cincuenta horas.

Tanto o cedente como o cesionario do crédito horario deberán comunicar por escrito á dirección da empresa a cesión e a acumulación de horas, cunha antelación de 5 días, na que figurará o seguinte:

-Nome do cedente e do cesionario.

-Número de horas cedidas e período polo que se efectúa a cesión, que haberá de ser por meses completos, ata un máximo dun ano.

A acumulación de horas sindicais entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1997.

Artigo 31º.-Asembleas.

Os traballadores dunha mesma empresa terán dereito a reunirse en asemblea, unha vez ó mes e por un tempo máximo de dúas horas durante a xornada debendo comunicar á empresa a súa celebración cunha antelación de 48 horas, salvo situación excepcionais de conflicto folga, na que bastará con avisar con 24 horas de antelación.

Artigo 32º.-Finiquitos.

Os finiquitos carecerán de efectos liberatorios si, logo de petición escrita do interesado, non estiveran visados polo comité de empresa, delegado de persoal ou, no seu defecto, polo sindicato ó que estea afiliado o traballador.

Artigo 33º.-Medidas de fomento de emprego e da contratación temporal.

Co fin de fomenta-la contratación e debido ós limites a esta impostos a causa das últimas modificacións lexislativas, as partes acordan que a duración máxima do contrato eventual por circunstancias de producción será de 12 meses nun período de 15. Poderán acollerse a esta disposición os contratos que estean en vigor na data de publicación do presente convenio e aínda non esgotaran a súa duración máxima.

Nos casos nos que os traballadores asinen baixas voluntarias nas empresas, non terán validez se non van acompañadas da firma dun delegado de persoal ou membro do comité de empresa.

Artigo 34º.-Lexislación subsidiaria.

En todo aquilo que non quede determinado especificamente no presente convenio, aplicarase o disposto pola ordenanza de traballo para as empresas dedicadas á limpeza de edificios e locais, aprobada o 15 de febreiro de 1975, e no que nela non estea previsto ou regulado, serán de aplicación as normas establecidas na lexislación laboral xeral.

No suposto de derrogación da ordenanza laboral de limpeza de edificios e locais, os aspectos non regulados neste convenio provincial e que se recollan na ordenanza laboral derrogada, pasarán a formar parte provisionalmente do convenio provincial, mentras non se negocie un convenio colectivo de ámbito superior que a substitúa.

Artigo 35º.-Comisión paritaria.

Créase unha comisión paritaria do convenio, formada por representantes de ámbalas partes, coa finalidade de vixia-lo cumprimento do convenio e da normativa laboral, en xeral.

Artigo 36º.-Partes asinantes.

As partes asinantes do presente convenio, son en representación dos traballadores, as centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG.

En representación dos empresarios, a Asociación Provincial de Empresarios de Limpezas e Locais de Pontevedra.

Para a interpretación e cumprimento das cláusulas deste convenio e, en xeral, para atender cantas cuestións se deriven da súa aplicación, establécese unha comisión paritaria, que estará integrada por 4 representantes empresariais e 4 representantes dos traballadores, todos eles de entre os integrantes da comisión do convenio.

Independentemente da interpretación e seguimento do convenio, a dita comisión reunirase polo menos unha vez cada tres meses, durante a vixencia do presente convenio, co obxecto de analizar e estudia-la problemática do sector no seu sentido máis amplo.

Disposición adicional

As diferencias ou atrasos salarias producidos como consecuencia da aplicación retroactiva dos efectos económicos desde o 1 de xaneiro de 1996, serán aboados polas empresas no prazo máximo de 45 días naturais contados desde a data de resolución do delegado provincial de Traballo, acordando a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos e a súa publicación no BOP.

Unha vez coñecido o IPC real rexistrado o 31-12-1996, a comisión deliberadora do convenio reunirase para elabora-las táboas salariais vixentes do segundo ano de vixencia, para súa remisión á autoridade laboral para efectos do seu rexistro e posterior publicación no BOP.

Vigo, xuño de 1996.

Táboa de salarios

Categorías.

Grupo I. Persoal directivo e técnico.

Subgrupo I. Persoal directivo.

Director204.484

Director comercial185.675

Director administrativo185.675

Xefe de persoal185.675

Xefe de compras185.675

Xefe de servicios185.675

Subgrupo II. Persoal titulado.

Titulado grao superior147.231

Titulado grao medio130.794

Titulado laboral ou profesional11.234

Grupo II. Persoal administrativo.

Xefe administrativo de primeira139.049

Xefe administrativo de segunda130.053

Caixeiro117.784

Oficial de primeira11.236

Oficial de segunda 98.973

Auxiliar 86.698

Telefonista 85.835

Cobrador 85.835

Aspirante 50.058

Grupo III. Mandos intermedios

Encargado xeral130.076

Supervisor ou Encarg. de zona117.785

Supervisor ou Encarg. de sector107.978

Encargado de grupo ou edificio 93.413

Responsable de equipo 89.663

Grupo IV. Persoal subalterno

Ordenanza 85.836

Almaceneiro 85.836

Listeiro 85.836

Vixilante 85.836

Botóns 46.497

Grupo V. Persoal obreiro

Especialista 94.640

Peón especializado 86.728

Limpador 85.817

Conductor-limpador101.944

Grupo VI. Persoal de oficios varios.

Oficial 94.634

Axudante 86.728

Peóns 85.817

Aprendiz de 16 a 18 anos 52.855