Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 05 de setembro de 1996 Páx. 8.207

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso número 02/000549/1996 interposto pola Dirección Xeral de Telecomunicacións (Ministerio de Fomento).

O día 21 de agosto de 1996, a Consellería de Cultura e Comunicación Social recibe da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia pola que se admite o recurso contencio-administrativo nº 02/00054959/1996 interposto pola Dirección Xeral de Telecomunicacións (Ministerio de Fomento) contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 26-4-1996

(DOG 87, do 3-5-1996), pola que se anuncia a contratación polo sistema de concurso público, sistema aberto, da subministración e instalación de dous centros de comunicacións para ampliación da rede oficial de comunicacións da Xunta de Galicia.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correpondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer en autos na sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 1996.

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social