Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 05 de setembro de 1996 Páx. 8.207

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0001094/96, interposto por Confederación Intersindical Galega.

O 23 de xullo de 1996, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o contencioso-administrativo número 01/0001094/96, interposto por Confederación Intersindical Galega,contra orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 18 de xuño de 1996 (DOG do 21 de xuño de 1996), pola que se establecen os postos de traballo docentes dos centros de educación infantil, educación infantil e primaria e educación primaria, así como as vacantes do primeiro ciclo de educación secundaria obrigatoria nos institutos de educación secundaria que corresponde prover por funcionarios do corpo de mestres.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, remitirlle o correspondente expediente administrativo á devandita sala, o cal se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan constituírse en parte en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 9 días.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 1996.

Máximo García Serrano.

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria