Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 05 de setembro de 1996 Páx. 8.206

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de xullo de 1996 pola que se autoriza definitivamente a apertura e funcionamento de centros privados de educación secundaria.

Examinados os expedientes instruídos a instancia dos titulares dos centros, solicitando autorización definitiva para apertura e funcionamento de centros privados de educación secundaria.

Tendo en conta que os expedientes foron tramitados pola delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que os remite cos informes da unidade técnica e inspección educativa.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren nos expedientes os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento dos centros de educación secundaria, e, como con

secuencia disto, establece-la configuración definitiva do centro existente no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica no anexo.

Segundo.-A presente autorización producirá efectos progresivamente, a medida que se implanten as ensinanzas autorizadas consonte o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, segundo os reais decretos 986/1991, do 14 de xuño e 1487/1994, do 1 de xullo.

Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da inspección educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia nos ditos centros.

Cuarto.-Os centros de educación secundaria que pola presente orde se autorizan, deberán cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1991, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobado por Real decreto 279/1991, do 1 de marzo (BOE do 8), e especialmente o establecido no seu anexo D, que establece as condicións particulares para o uso docente. Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal o autonómica.

Quinto.-Quedan os centros obrigados ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Eduación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Ferrol.

Localidade: Ferrol.

Domicilio: Arce, s/n.

Denominación específica: Tirso de Molina.

Titular: Orde de la Merced provincia de Castela.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 12 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de bacharelato de 8 unidades coas modalidades seguintes: Ciencias da Natureza e de Saúde e Humanidades e Ciencias Sociais.

Provincia: A Coruña.

Concello: Fene.

Localidade: Perlío.

Domicilio: Ameneiral, s/n.

Denominación específica: Jorge Juan.

Titular: Jorge Juan Perlío Coop. R. Lda.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.