Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 05 de setembro de 1996 Páx. 8.206

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 28 de agosto de 1996 pola que se aproba o contido dos cursos XIV, XV, XVI, XVII e XVIII para a obtención do diploma de directivo.

Á vista da proposta do director da EGAP e en virtude do previsto no artigo 8 do Decreto 294/1992, do 10 de setembro, modificado polos Decretos 1/1995, do 12 de xaneiro (DOG nº 9, do 13-1-1995) e 319/1996, do 26 de xullo (DOG nº 153, do 6-10-1996), polo que se regula o diploma de directivo, dispoño aproba-lo contido do programa que se deberá impartir na XIV, XV, XVI, XVII e XVIII edición do curso para a obtención do diploma de directivo, segundo figura no anexo a esta orde.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 1996.

Dositeo Rodríguez-Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO I

Módulo I: a función directiva na Administración pública.

-Xestión pública e privada; especificidades da xestión pública; políticas públicas.

-Directivos públicos e directivos privados.

-A natureza do traballo directivo.

-Os roles directivos.

Módulo II: seminario de habilidades directivas: a dirección de reunións.

-As reunións como ferramenta de xestión.

-Tipos de reunións utilizadas na Administración.

-Reunións de información.

-Habilidades e técnicas do responsable de reunións de información.

-Reunións de discusión.

Módulo III: a xestión de recursos humanos.

-A xestión de recursos humanos como sistema integrado.

-Planificación e dimensionamento de cadros de persoal.

-Deseño de postos e políticas retributivas.

-Promoción, carreira e provisión de postos.

-Formación e desenvolvemento profesional.

Módulo IV: a xestión orzamentaria.

-Modelos orzamentarios.

-O orzamento por programas.

-O orzamento por obxectivos.

-O orzamento base-cero.

-A modernización dos sistemas orzamentarios.

-Orzamento e xestión estratéxica.

Módulo V: deseño organizativo.

-As partes da organización.

-Sistemas de coordinación.

-As configuracións:

-A organización simple.

-A burocracia.

-A organización profesional.

-A organización divisional.

Módulo VI: Control de xestión dirección por obxectivos.

-O concepto de control de xestión.

-Aplicación do sector público: necesidades de adaptación do modelo clásico.

-Indicadores e metodoloxía da dirección por obxectivos.

Módulo VII: xestión do cambio e reforma administrativa.

-As dimensións do cambio organizativo: contexto, contido e proceso.

-Experiencias de reforma administrativa.

-Estratexias da xestión do cambio; actores e métodos.

-A reforma administrativa da Xunta de Galicia.