Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 05 de setembro de 1996 Páx. 8.218

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (116/1995).

En virtude do acordado en providencia con data dezanove de xuño de 1996, recaída no executivo 116/1995, seguido por instancia de Citifin España, S.A., representado pola procuradora Pernas Grobas, contra Antonio Gendo Fandiño Buján e José Antonio Quintelo Estraviz, en reclamación de 332.335 pesetas de principal e 250.000 orzadas para xuros e custas, polo que se ordena despacha-la execución e, practicado o embargo, cítanse de remate os executados Antonio Gendo Fandiño Buján e José Antonio Quintela Estraviz, por medio do presente edicto, para que no termo de nove días, se lles interesa, comparezan á execución, e son previdos de que, de non o verificaren, serán declarados en rebeldía e seguirá o xuízo o seu curso, recaendo sobre eles os prexuízos ós que houber lugar en dereito. Así mesmo, fáiselles saber que na mencionada resolución lles foron embargados o vehículo matrícula C-8566-AL e o predio sito no termo municipal de Baracaldo, A Victoria, 17. Rexistro da Propiedade de Baracaldo,

tomo 471, libro 360, folio 241, predio número 21.564, inscrición 2ª, urbana vivenda quinto esquerda.

E para que produza os efectos oportunos, expido o presente edicto en Arzúa o dezanove de xuño de mil novecentos noventa e seis.

A xuíza

Rubricado