Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 05 de setembro de 1996 Páx. 8.218

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (77/1996-04).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada no xuízo de xustiza gratuíta 77/1996, por medio do presente edicto notifícase a sentencia

dictada neles, cun encabezamento e parte dispositiva que son como segue:

«Sentencia. Santiago de Compostela, cinco de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos incidentais, substanciados perante este xulgado polos trámites de xuízo verbal, co nº 77/66, por dependencia do proceso de familia nº 23/1996, entre partes, dunha, como demandante, Carmen Porto Pais, maior de idade, casada, con domicilio en Santiago de Compostela, parroquia de Laraño-A Igrexa, representada en autos polo procurador Merelles Pérez, asistida do letrado Lorenzo Sueiro, e doutra, como demandado, Leopoldo Hernández Parente, maior de idade, con domicilio descoñecido, incomparecido en autos, con intervención do letrado da Xunta de Galicia, sobre beneficios de xustiza gratuíta. Decido que debo declarar e declaro o dereito a xustiza gratuíta de Carmen Porto Pais, co obxecto de promover demanda de divorcio contra Leopoldo Hernández Parente, sen prexuízo do disposto nos artigos 28, 45 e 48 LAC, declarando as custas de oficio.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, e fágaselles sober ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data».

E para que lle sirva de notificación ó demandado Leopoldo Hernández Parente, incomparecido en autos e con domicilio descoñecido, expido, selo e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o trece de xuño de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado