Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 02 de setembro de 1996 Páx. 8.175

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (270/1994).

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de los de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que nos autos de xuízo executivo seguidos co número 270/1994, se dictou sentencia con data do 7 de marzo de 1995 con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de primeira instancia número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo seguidos neste xulgado baixo o nº 270/1994, entre partes, dunha, como demandante, Banco Zaragozano, S.A., domiciliado en Zaragoza, representado en autos polo procurador García Piccoli Atanes, asistido do letrado Núñez Naya, e da outra, como demandados, Luis Seoane Villaverde, maior de idade, solteiro, industrial, veciño desta cidade, con domicilio na rúa Vedra 15-2, representado en autos polo procurador García Boado, asistido do letrado García Quintás, e José Vázquez Lera, maior de idade e veciño de Teo, incomparecido e en situación procesual de rebeldía, sobre letra de cambio.

Decido que, desestimando a oposición formulada polo procurador García Boado, en nome e representación de Luis Seoane Villaverde neste xuízo executivo promovido pola entidade Banco Zaragozano, S.A., a quen representa o procurador García Piccoli-Atanes, contra o anterior e contra José Vázquez Lera, incomparecido e en situación procesual de rebeldía, debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada contra ambos, ata facer remate dos bens embargados ós debedores, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á mercantil executante da suma principal de 485.640 pesetas, máis os xuros, gastos procedentes e custas que preceptivamente se lles impoñen ós executados, se ben na dita fase de execución a executante deberá establecer, se é o caso, a orde de preferencia da súa acción para os efectos da realización forzosa dos bens trabados a ámbolos debedores.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facéndolles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación ó demandado José Vázquez Lera, expido este edicto, que asino e selo en Santiago de Compostela o vintecinco de xuño de mil novecentos noventa e seis.

A maxistrada-xuíza accidental

Rubricado

A secretaria

Rubricado

5069