Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 02 de setembro de 1996 Páx. 8.174

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (393/1982).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de compostela e o seu partido, fai saber que nos autos de xuízo executivo seguidos co número 393/1982 se dictou sentencia con data do 27 de marzo de 1991 con encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal seguinte:

«Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo, promovidos por Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador Jesús Raposo Quintas, e dirixida polo letrado Rafael Pardo Pedernera, contra María Esther Muíños Nodar e Joaquín Lorenzo López, declarados en rebeldía.

Decido: que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada ata facer remate dos bens embargados a María Esther Muíños Nodar e Joaquín Lorenzo López, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 106.283 pesetas, importe do principal, comisión e xuros pactados ata a data invocada; e, ademais, ó pagamento dos xuros de demora tamén pactados e das custas, ó pagamento das cales debo condenar e condeno expresamente a parte demandada.

Contra esta sentencia poderase interpor neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación ós demandados rebeldes Joaquín Lorenzo López e María Esther Muíños Nodar, expido este edicto, que asino e selo en Santiago de Compostela o vintetrés de maio de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

9605092