Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 02 de setembro de 1996 Páx. 8.174

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (236/1996).

En virtude do acordado polo xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número 1 de Ribeira, Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, e de conformidade con providencia dictada con esta data nos autos de divorcio (5*) 236/1996, seguidos por instancia de Manuela Torres Paz, representada pola procuradora Mercedes Treus Blanco (de oficio), contra José Francisco Vilas Costa e Ministerio Fiscal, maior de idade, casado, do que se ignora o seu actual domicilio e paradoiro; e na súa providencia acordouse empraza-lo referido demandado para que, no termo de vinte días, compareza nestes autos e conteste a demanda presentada, coa prevención de que, se non comparece, será declarado rebelde e recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para a súa inserción no DOG e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado, para que lle sirva de emprazamento en legal forma ó demandado referido, expido o presente edicto en Ribeira o dous de xullo de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

5102