Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 02 de setembro de 1996 Páx. 8.175

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (189/1995).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís figura a recaída nos autos de xustiza gratuíta nº 189/1995, co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia. «Vistos os presentes autos incidentais de xuízo verbal civil, seguidos neste xulgado co nº 189/1995 por instancia de Elvira Vence Cisneros, representando polo procurador Caamaño Frade e baixo a dirección técnica do avogado Moure Caamaño; contra Luis Ignacio Madariaga López e o letrado dos servicios xurídicos da Xunta de Galicia na representación institucional desta, non comparecidos nos autos e en situación procesual de rebeldía; sobre obtención dos beneficios de xustiza gratuíta; e pronuncio esta sentencia, que baseo nos antecedentes de feito e fundamentos xurídicos que seguen (...).

Fallo que debo estimar e estimo a demanda interposta, recoñecendo a Elvira Vence Cisneros o dereito a litigar de balde na demanda de divorcio que contra Luis Ignacio Madariaga López se segue neste xulgado baixo o nº 188/1995, cos beneficios expresados no artigo 30 da Lei de axuizamento civil, todo isto sen expresa imposición de custas.

Contra a presente resolución poderá inteporse recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días contados desde o seginte ó da súa notificación».

A sentencia inserida arriba foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e para que sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía, Luis Ignacio Madariaga López, en paradoiro descoñecido, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o vinte de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

5066