Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 02 de setembro de 1996 Páx. 8.175

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (1883/1987).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen actuacións de xuízo

de faltas co número 1883/1987, nas que se dictou sentencia co seguinte encabezamento e resolución:

«Ramón Lojo Aller, maxistrado-xuíz con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro desta cidade, pronunciou en nome de El-Rei a seguinte sentencia (166):

«En Santiago de Compostela o seis de xullo de mil novecentos noventa e un.

Vistos os precedentes autos de xuízo verbal de faltas tramitado neste xulgado co número 1883/1987, seguido por danos en Renfe, entre partes:

Denunciante: Renfe, representado polo procurador Regueiro Muñoz; Francisco Martínez Guerrero, maior de idade, fillo de Isidro e de Mercedes, vixilante xurado, con domicilio na r/ Ulla Núm. 27, 2º G.

Denunciado: Odilo Gil Sousa, maior de idade, fillo de Odilo e de Remedios, con domicilio nas Teixugueiras-Cartelle-Ourense; e no que foi parte o Ministerio Fiscal,

Resolvo que debo condenar a Odilo Gil Sousa a que indemnice a Renfe na cantidade que por danos se acredite en execución e ó pagamento das custas.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Odilo Gil Sousa, que se atopa en paradoiro descoñecido, expido selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o dezanove de xuño de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

5065