Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 02 de setembro de 1996 Páx. 8.176

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (2039/1988).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen actuacións de xuízo de faltas co nº 2039/1988 nas que se dictou sentencia co seguinte encabezamento e resolución:

Ramón Lojo Aller, maxistrado-xuíz con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro desta cidade pronunciou en nome de El-Rei a seguinte sentencia (nº 128):

En Santiago de Compostela o vintecinco de maio de mil novecentos noventa e un.

Vistos os precedentes autos de xuízo verbal de faltas tramitado neste xulgado co número 2039/88, seguido por lesións, entre as seguintes partes: denunciante, José Rey Rey, maior de idade, casado,

industrial, fillo de Julián e de Consuelo, veciño de Santiago de Compostela, r/ Raíña, nº 17; María Gigirey Nieto, maior de idade, casada, ama de casa, natural de Val do Dubra, filla de José e de María, con domicilio na r/ Raíña, nº 17. Denunciado: Enrique Suárez Cancela, maior de idade, fillo de José e de María, con domicilio en Bembibre, Val do Dubra, e no que foi parte o Ministerio Fiscal,

Resolvo que debo absolver e abosolvo libremente do feito orixe destas circunstancias o denunciado Enrique Suárez Cancela, con declaración das custas de oficio.

Así por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Enrique Suárez Cancela, que se atopa en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o dezanove de xuño de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

9605162