Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 02 de setembro de 1996 Páx. 8.176

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (275/1994).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela fai saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 275/1994, se seguen autos de executivo outros títulos, por instancia do procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, en representación de Banco Central Hispanoamericano, S.A., contra herdeiros de Nemesio González del Río, Alberto González Carballo e Úrsula Carballo Gómez, representada a última polo procurador Antonio Fernández Villaverde, en reclamación de cantidade, e nas súas actuacións acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, polo termo de vinte días e prezo de valoración pericial, o seguinte predio embargado ós demandados:

-Casa de planta baixa, sita no nomeamento de Soutomaior, barrio do Couto, concello de Vigo, que ocupa a superficie de 45 m e 30 dm; ten un patio polo sur duns 14 m e 30 dm, e á fronte un terreo a camiño de servicio de 20 m, e forma todo iso un predio da superficie de 69 m e 30 dm. Linda: norte, porción de Emilia Pan Rodo; sur, resto do predio de Joaquín Rodríguez Silva; leste, Laudino Sousa Alonso; e oeste, José García. Inscrita no tomo 132, folio 83, predio 12.966 do Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na r/ Viena, polígono das Fontiñas, o vindeiro día 7 de outubro, ás once horas, consonte as seguintes condicións:

1. O tipo do remate será de 3.629.000 ptas., sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación, deberán os licitadores consignar previamente na conta de consignacións do xulgado no Banco Bilbao Vizcaya, nº conta 1592-17-275-94, o vinte por cento do tipo do remate.

3. Poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o vinte por cento do tipo do remate.

4. Só o acredor poderá face-lo remate en calidade de cederllo a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito, por instancia do acredor, as consignacións dos ofertantes que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

6. Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do rexistro, atópanse de manifesto na secretaría do xulgado, debendo os licitadores conformarse con eles, sen poderen esixir outros.

7. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen que se destine á sús extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día 6 de novembro, ás once horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo do remate, que será do setenta e cinco por cento do da primeira; e, caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 4 de decembro, tamén ás once horas, e rexerán para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Sírvalles esta publicación de notificación ós demandados para o caso de que non puidese efectuarse no seu domicilio.

Dado en Santiago de Compostela o un de xullo de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

6348