Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 02 de setembro de 1996 Páx. 8.164

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Blanco Munín, S.L.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Blanco Munín, S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 16-5-1996 subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social, polos representantes dos traballadores de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de maio de 1996.

Fernando Rodríguez Córcoba

Delegado provincial da Coruña

Táboas salarios ano 1996 do persoal da empresa Blanco Munín, S.L.

De acordo co contido do artigo 5º do convenio colectivo correspondente ó ano 1995 e ó non ter feito uso, tanto a parte social como a económica, da facultade que lles confire o artigo 6º do respectivo convenio colectivo anteriormente mencionado, sobre a denuncia deste, ámbalas partes, de acordo co anteriormente dito, acordan incrementa-las táboas de salarios correspondentes ó exercicio de 1995 nun 4,3% para 1996, que se corresponde co IPC (Índice de Prezos de Consumo) constatado e publicado polo INE (Instituto Nacional de Estatística) polo período comprendido desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1995.

O dito incremento aplicarase a partir do 1 de maio de 1996, facultándose a empresa para que os atrasos correspondentes a xaneiro, febreiro, marzo e abril de 1996 sexan aboados antes do día 30 de xuño de 1996.

Pola parte social:

Os representantes dos traballadores:

Obdulia Rozadas Sánchez.

José Manuel Álvarez Rodríguez.

Pola parte económica:

Orlando Blanco Armada.

TÁBOA SALARIAL 1996

CategoríasSalario base

mensual

Plus de cantidade

de traballo mensual

Transporte

mensual

Total mensualTotal anual

Xerente117.87410.1556.094134.1231.963.098
Oficial Adv.100.88210.1556.094117.1311.708.218
Encargado100.88210.1556.094117.1311.708.218
Cociñeiro100.88210.1556.094117.1311.708.218
Camareiro100.88210.1556.094117.1311.708.218
Axudante 97.25210.1556.094113.5011.653.768
Fregadora 97.25210.1556.094113.5011.653.768

Aprendices. O salario dos aprendices será o fixado polo Real decreto 2317/1993 e na Lei 10/1994.

9604340