Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 02 de setembro de 1996 Páx. 8.164

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Construcciones Navales P. Freire, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Construcciones Navales P. Freire, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 24-5-1996, subscrito en representación da parte

económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data do 16-4-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á

Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 29 de maio de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio para a empresa Construcciones Navales P. Freire, S.A.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O ámbito do presente convenio será o da empresa Construcciones Navales P. Freire, S.A. e afectará ás súas factorías de Vigo e, por extensión, calquera lugar onde o persoal da empresa, suxeito á ordenanza laboral para a industria siderometalúrxica, realice os seus servicios a esta.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio será de aplicación á totalidade do persoal técnico, administrativo, subalterno e obreiro, suxeito á lexislación laboral, que preste os seus servicios durante a súa vixencia, e coa exclusión do persoal ó que fai referencia o artigo 2.1º A e 1.3 C, do Estatuto do traballador (Lei 8/1980, do 10 de marzo).

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

As normas estipuladas no presente convenio terán unha vixencia desde o 1 de xaneiro de 1996 ata o 31 de decembro de 1997.

Artigo 4º.-Prórroga.

O convenio considerarase denunciado automaticamente tres (3) meses antes do seu vencemento.

Unha vez concluída a duración pactada, manterase en vigor todo o contido normativo do convenio, mentres non se logre un novo acordo.

Artigo 5º.-Compensación e absorción de melloras. Aplicación do convenio.

Compensación de melloras. As condicións pactadas compensan e substitúen na súa totalidade as que anteriormente rexeron por imperativos legais, xurisprudenciais, contenciosos ou administrativos, convenios sindicais, pactos de calquera clase, contrato individual, usos e costumes comarcais, rexionais ou da propia industria, ou por calquera outra causa.

Aplicación do convenio. Tódalas dúbidas e diferencias que poidan xurdir durante o período de duración do convenio, en canto á súa interpretación e aplicación, serán canalizadas a través da dirección e do comité de empresa mediante unha comisión paritaria, no seo da cal serán estudiadas e propostas as solucións e decisións que cada caso e situación requiran; todo iso sen prexuízo da facultade de cada unha das partes de requiri-la intervención da autoridade laboral competente e as accións que a lei outorga para acudir á vía xurisdiccional e administrativa.

A comisión paritaria estará composta por tres vocais nomeados pola dirección e outros tres en representación dos traballadores designados polo comité de empresa, de entre os que formasen parte da comisión negociadora, así como os seus respectivos suplentes de cada representación.

As partes, unha vez convocadas, reuniranse obrigatoriamente no prazo de tres días e os acordos ou resolucións adoptados por maioría de ámbalas representacións terán carácter vinculante para as partes.

Elaborarase un manual interno de procedemento e outras competencias da dita comisión.

Capítulo II

II.1. Condicións de traballo

Artigo 6º.-Organización.

A organización do traballo é facultade exclusiva da dirección da empresa.

Os métodos, normas e procedementos de traballo que se consideren como máis adecuados serán establecidos polos departamentos técnicos competentes en cada caso e dados a coñecer ó comité de empresa antes da súa aplicación sempre que leven consigo cambios substanciais sobre os procedementos, normas e métodos establecidos.

En caso de discrepancia do comité de empresa, debidamente formulada, actuarase de acordo co exposto na ordenanza laboral.

Artigo 7º.-Prioridade do cadro de persoal.

Todo posto de traballo sen cubrir, ben por vacante ou por nova creación, será ocupado con preferencia polo persoal do cadro de persoal clasificado nas escalas inferiores, sempre que reúnan as condicións esixidas no novo posto de traballo.

Inspirándose no dito anteriormente, a empresa tratará de beneficiar co traslado de posto de traballo a outras escalas de grao máis alto, na medida que lle sexa factible, a aqueles productores que teñan unha categoría profesional superior á esixida polo propio posto de traballo que ocupa no momento de efectua-la clasificación.

Artigo 8º.-Mando sobre cadro de persoal.

Ningunha persoa allea ó cadro de persoal poderá exercer mando directo sobre este.

II.2. Rendemento no traballo

Artigo 9º.-Sistema de medida.

O sistema de medida de traballo aceptado pola empresa é o sistema Bedaux, sendo o punto Bedaux a unidade de medida.

Punto é a cantidade de traballo útil realizado por un operario capacitado e adaptado ó posto, cando traballa nunha tarefa industrial durante un minuto de tempo á actividade mínima normal coa calidade esixida, incluíndo o coeficiente de descanso.

O rendemento de cada titular dun posto de traballo mídese en puntos, sendo este concepto de puntos totalmente distinto ó de puntos de calificación.

Rendemento mínimo normal é o equivalente a 60 puntos Bedaux, por hora de traballo.

Rendemento óptimo normal é o equivalente a 80 puntos Bedaux, por hora de traballo.

Cantidade de traballo. O rendemento mínimo normal esixible é o de 60 puntos por hora.

A diferencia entre puntos obtidos e os asignados ou esixibles será a base de cálculos de incentivo ou prima.

Artigo 10º.-Saturación xornada.

A obriga de prestar servicio durante a xornada laboral completa inclúe que parte do persoal acepta unha saturación total durante esta, mesmo aceptando outros traballos sempre que non sexan vexatorios e estean de acordo coas condicións e capacidade do interesado, sendo informado previamente o comité de empresa. A obriga, nos casos de traballos controlados ou con incentivo, comprende o non producir paradas aínda que o rendemento medio se manteña por riba do normal.

Artigo 11º.-Productividade.

As partes que asinan este convenio recoñecen a necesidade de conseguir unha continua mellora da productividade en tódolos estamentos, tanto directos coma indirectos, do proceso productivo, posto que constitúe o fundamento básico da competitividade, tanto no ámbito nacional coma no que a exportacións ós mercados internacionais se refire e, en consecuencia, o seu permanente incremento é unha condición esencial para a superviviencia e mellora da empresa. Dada a súa natureza dinámica, será o resultado de adecua-los medios da empresa, tanto ós seus intereses coma á necesidade de desenvolvemento humano do persoal (reducción de esforzo, evitación de accidentes, desenvolvemento profesional e persoal, eliminación de tempos mortos en desprazamentos, etc.) aplicándoa a medida que os avances técnicos e humanos o vaian aconsellando.

Artigo 12º.-Primas á productividade.

A empresa reserva para si a facultade de elección e aplicación, en cada caso, da modalidade de incentivo que considere máis conveniente, así como as

variacións das xa establecidas, se cre que con iso se poden mellora-las relacións laborais e humanas.

Estas modalidades adaptaranse ás normas dos principios xerais de organización científica do traballo.

Sen prexuízo do preceptuado anteriormente, as modalidades de incentivo hoxe establecidas pola empresa son as seguintes:

-Prima directa por rendemento individual.

-Prima directa por rendemento de equipo.

-Prima indirecta.

Artigo 13º.-Réxime de baixo rendemento.

Os rendementos individuais ou de equipo durante a xornada de traballo, inferiores a 60 de actividade por causas imputadas ó traballador, serán considerados como falta e sancionados consonte o cadro seguinte:

Repetición da falta dentro dun período de tres mesesActividades comprendidas

entre 50 e 60 puntos

Actividades inferiores a 50 puntos

FaltaSanciónFaltaSanción

1ª faltaLeveAmoestaciónGrave4 a 15 días
2ª faltaLeve2 díasMoi grave16 a 60 ds.
3ª faltaGrave4 a 15 díasMoi graveDespedimento
4ª faltaMoi grave16 a 60 días
5ª faltaMoi graveDespedimento

En caso de novos procesos productivos ou alteración substancial dos procesos actuais, e co obxecto de que tódolos operarios poidan adaptarse ó novo ritmo de traballo, derivado da posta en control destes, as sancións ás que se alude no anterior cadro non entrarán en vigor ata pasado un mes da implantación do novo control.

Artigo 14º.-Interrupcións no traballo.

As paradas que se produzan rexeranse polo disposto na regulamentación siderometalúrxica.

Artigo 15º.-Comisión de productividade.

Para o seguimento e mellor control das primas á productividade, en caso de discrepancia entre o persoal e a empresa, recoñéceselle-la facultade de estaren asistidos polos técnicos da empresa que cada caso requira.

Estará constituída do seguinte modo:

Parte social: un representante de cada sección, elixido polo comité de empresa, pertenza ou non ó dito comité. Entre os compoñentes elixirase o secretario da parte social.

Parte económica: nomeará os representantes que considere pertinentes.

Esta comisión reunirase unha vez ó mes, como mínimo, e sempre que algún caso, pola súa gravidade, o requira.

Capítulo III

Retribucións

Artigo 16º.-Retribucións totais.

A retribución total, en función do traballo realizado por un productor, estará integrada por dous conceptos distintos: retribución fixa e retribución variable.

Artigo 17º.-Retribución fixa.

As retribucións fixas, durante a vixencia deste convenio, estarán formadas polo xornal e soldo de convenio, de acordo cos valores indicados nas táboas que figuran anexas ó presente texto.

Respecto ó ano 1997, confeccionaranse de acordo cos incrementos pactados na acta final de acordo de convenio 1996-1997.

Os xornais ou soldos establecidos que figuran nos citados anexos substitúen a tódalas retribucións de carácter salarial ou extrasalarial que veña percibindo o persoal ata a entrada en vigor deste convenio.

Artigo 18º.-Retribucións variables.

Durante a vixencia deste convenio, as táboas de valores de punto-prima para o persoal técnico non titulado de talleres e producción, quedan establecidas segundo táboas anexas.

Para o persoal de mes sen prima directa de producción, establécese o valor da prima indirecta de productividade, segundo os anexos. Esta prima mensual incrementarase en proporción ás horas extras que cada empregado realice.

A dita prima quedará eliminada no momento no que se estableza un sistema de prima directa á productividade, de común acordo entre as partes.

Artigo 19º.-Axudas de custo e desprazamentos.

Durante o primeiro ano de vixencia deste convenio, será de aplicación o seguinte cadro de axudas de custo e locomocións:

GrupoLocomociónAxuda de custo:

ptas./día

1. Peritos
Axudantes de enxeñeiroPrimeira ou similar6.865
Xefes de primeira
Asistente social

2. Delineantes de primeira
Oficial Admtvo. primeiraPrimeira ou similar6.310
Mestres
Delineantes de segunda
Xefe Org. de segunda

3. Encargados
Xefe de equipoPrimeira ou similar6.218
Oficial primeira taller
Persoal de taller en xeral

O segundo ano revisaranse segundo o acordo da acta final de convenio 1996-1997.

Os desprazamentos cunha duración inferior a 24 horas, sempre que permitan a posibilidade de pasa-la noite no domicilio, devengarán o 50% do importe da axuda de custo.

Tódolos gastos derivados de defunción ou accidente ocurrido ó traballador durante os seus desprazamentos por razóns de servicio correrán por conta da empresa.

Artigo 20º.-Antigüidade.

O valor dos quinquenios actualizarase de acordo coas táboas.

O valor do quinquenio tomarase en unidades enteiras-pesetas, sen decimais, forzando a unidade superior ou inferior, segundo o valor decimal resultante fose superior ou inferior a cincuenta céntimos.

O período de aprendizaxe efectuado na empresa será computable para o efecto de cuantifica-la antigüidade do traballador.

Artigo 21º.- Pagas extraordinarias.

As dúas pagas extraordinarias e regulamentarias previstas no artigo 31 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, serán aboadas consonte o salario de convenio, máis antigüidade, mailo promedio dos seis últimos meses do percibido en concepto de prima de producción, maila paga de reducción de absentismo e do plus de penosidade ou toxicidade na contía seguinte:

Xullo Nadal

Persoal obreiro e empregado30 días 30 días

Ámbalas pagas serán efectivas da seguinte forma:

A paga extraordinaria de xullo farase efectiva a primeira semana de xullo de cada ano.

A paga extraordinaria de Nadal farase efectiva a primeira quincena do mes de decembro.

Pagas extraordinarias en incapacidade temporal:

As pagas extras non sufrirán ningún tipo de mingua ou desconto a causa dos días que o productor permanecese en situación de incapacidade temporal por enfermidade ou accidente laboral durante os 6 meses precedentes ó seu devengo. Para atender esta continxencia, crearase un fondo específico, mediante o cal a empresa garanta o cumprimento do dito acordo.

Artigo 22º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias aboaranse coas contías que se especifican nas táboas.

Con relación á sobrecarga que viñan cobrando aqueles productores que fan horas extras con carácter extraordinario despois da segunda hora extra, seguirase coa recarga de 43 ptas./hora, a partir da terceira hora, incluída esta.

A empresa reducirá ó máximo a realización de horas extraordinarias, sen prexuízo de ofrece-lo máximo nivel de servicio, informando mensualmente o comité

de empresa do número das que se realizasen e as súas causas.

As horas extraordinarias motivadas por causas de forza maior e as estructurais aquí consideradas ou que poidan pactarse, notificaránselle mensualmente á autoridade laboral conxuntamente por empresa e comité, para os efectos de obte-la reducción de recargas de cotización.

Co fin de clarifica-lo concepto de horas extrordinarias estructurais, entenderanse como tales as necesarias para cubrir períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambio de quenda, mantemento ou traballos urxentes derivados da natureza de determinadas actividades, probas, manobras de buques, botaduras e outros supostos similares.

Artigo 23º.-Faltas de asistencia.

As retribucións consignadas nas táboas refírense a xornadas traballadas, domingos, vacacións e pagas extraordinarias. Polo tanto, os días de non asistencia por falta non xustificada producirán a perda do salario ou soldo do convenio. Caso de asistencia parcial durante a semana ou mes, e en relación coas festividades aboables e domingos existentes nela, só se terá dereito á percepción da parte proporcional correspondente.

Artigo 24º.-Traballos penosos, tóxicos e perigosos.

Todo o persoal que realice funcións que, pola súa peculiaridade, teñan a cualificación dos citados traballos, percibirá os complementos que se sinalan nas táboas.

Teranse en conta as situacións especiais incluídas en táboas complementarias a este convenio, para efectos da aplicación das porcentaxes correspondentes.

Artigo 25º.-Retribución vacacións.

A retribución das vacacións estará formada polos conceptos indicados no artigo 70 da ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica, tendo en conta o salario do convenio, a antigüidade correspondente, maila parte proporcional do promedio calculado nos tres últimos meses, correspondente ás primas de producción e ós traballos tóxicos, penosos e perigosos, maila paga de reducción de absentismo.

Artigo 26º.-Paga mensual por reducción de absentismo.

Establécese unha paga mensual para todo o persoal, na contía que reflicten as táboas e polo concepto do título.

Esta paga perderase total ou parcialmente, en caso de falta de puntualidade e asistencia, consonte o seguinte baremo:

Unha ou máis faltas inxustificadas de asistencia no mes: perda da paga.

Dúas faltas de puntualidade no mes: reducción do 10% da paga.

Tres faltas de puntualidade no mes: reducción do 30% da paga.

Máis de tres faltas de puntualidade: perda total da paga.

Considérase falta de puntualidade tanto o incorporarse tarde ó traballo coma o abandonalo antes da hora de saída.

Terá dereito a esta paga o persoal en situación de incapacidade laboral transitoria por accidente de traballo non imputable a este.

Artigo 27º.-Pagamento nómina.

Para efectos de liquidación da nómina de fin de mes do persoal obreiro, pecharase con dez días de antelación e farase efectiva o derradeiro día hábil de cada mes.

Capítulo IV

Réxime de traballo

Artigo 28º.-Xornada.

A xornada ordinaria de traballo de Construcciones Navales P. Freire, S.A. terá a consideración de continuada e será ata o 31 de decembro de 1997 a seguinte:

De luns a venres, de 7 a 15 horas, cun descanso intermedio de 15 minutos computables como xornada de traballo. O descanso intermedio comezará e finalizará a toque de sirena e desfrutarase de 10.30 a 10.45 horas.

Os sábados, durante a vixencia do presente convenio, non se traballará.

Durante os anos 1996 e 1997, a xornada de traballo en cómputo anual será de mil setecentas sesenta e oito horas (1.768 horas).

As horas extras efectuaranse a partir das 16 horas, de luns a venres, e os sábados pactarase entre ámbalas partes o horario.

En cadro anexo ó presente convenio establécese a distribución do calendario laboral anual de 1996. O correspondente ó ano 1997 fixarase oportunamente, de acordo co establecido na acta final do convenio.

Artigo 29º.-Mobilidade.

O cambio de posto de traballo do persoal farase despois de informado o comité de empresa, segundo o artigo 25 da ordenanza de traballo vixente para a industria siderometalúrxica.

Cando esta mobilidade se efectúe por necesidades de servicio e/ou por conveniencia da empresa, estes traballadores terán un período de adaptación ó novo posto de traballo de tres meses, e durante este tempo aboaránselles os haberes correspondentes á súa categoría, así como a prima media dos tres meses anteriores ó cambio.

Artigo 30º.-Vacacións e días ponte.

Durante o ano 1996, o persoal da empresa desfrutará de 30 días naturais de vacacións, do 15 de xullo ó 13 de agosto, ambos inclusive.

As vacacións do ano 1997 fixaranse oportunamente á elaboración do calendario laboral.

O persoal que, ó inicio da data pactada para as vacacións, se atopase en situación de ILT derivada de accidente de traballo ou enfermidade común, poderá desfrutar dun período de vacacións de igual duración ó pactado no convenio, dentro do ano natural e sempre que a súa alta laboral se produza antes do 30 de novembro do citado ano.

Días ponte:

Ano 1996.

-1, 2, 3 e 8 de abril.

-14 de agosto.

-26 e 27 de decembro.

Ano 1997: fixaranse oportunamente á elaboración do calendario laboral.

Mantense a vixencia dun día de carácter fluctuante, é dicir, cada traballador, logo de comunicación á empresa, poderá elixi-lo día que desexe non acudir ó traballo. No anexo redáctanse as normas de carácter interno precisas para a posta en práctica deste asunto e evita-la coincidencia de desfrute dun exceso de traballadores nun mesmo día.

Artigo 31º.-Permisos e licencias.

Logo de aviso ou solicitude, segundo proceda, dos traballadores afectados, concederanse licencias retribuídas polas circunstancias e tempo que a seguir se sinala:

Enfermidade grave de esposa, pais, fillos ou avós: 3 días laborables.

Enlace matrimonial: 15 días naturais.

Falecemento de pais, pais políticos, cónxuxes, fillos, netos, avós naturais e irmáns: 3 días laborables.

Falecemento de irmáns políticos e fillos políticos: 2 días naturais.

Falecemento de avós políticos e tíos, así como tíos políticos: 2 días naturais.

Falecemento de sobriño consanguíneo: 1 día laborable.

Matrimonio de fillos ou irmáns: 1 día natural.

Parto de esposa: 3 días laborables.

Para exames: os necesarios, logo de aviso xustificado.

Por cambio de domicilio habitual: 1 día laborable.

En circunstancias especiais xustificadas, aboaráselles ós traballadores o tempo empregado en consultas de asistencia médica, acompañando a esposa ou fillos.

Se non se recibe aviso do feito causante antes de transcorrida a primeira hora da xornada laboral, o dito permiso computarase comezando a contar a partir do día inmediatamente seguinte.

Os días de licencia que se indican serán aboados consonte os xornais e soldos do convenio maila antigüidade que corresponde no seu caso.

Para o caso concreto de enlace matrimonial, poderase amplia-la duración da vixencia retribuída ata un máximo doutros 10 días non retribuídos, cando o traballador os solicite.

A empresa aplicará o Estatuto dos traballadores como norma subsidiaria naqueles supostos de licencias ou permisos non considerados no presente artigo.

Artigo 32º.-Cesamentos.

O persoal que desexe cesar no servicio da empresa deberá comunicarllo, aténdose ós prazos de aviso seguintes:

A) Persoal administrativo e técnico: 15 días.

B) Resto persoal: 8 días.

O incumprimento dos prazos de aviso dará lugar a detraer do importe da liquidación final do interesado as cantidades indebidamente aboadas pola empresa en concepto de cotas de Seguridade Social, todo iso sen prexuízo do establecido na lexislación laboral.

Artigo 33º.-Ferramentas.

A empresa dotará o persoal de ferramentas e útiles necesarios para o traballo, facendo responsable ó operario do bo uso e mantemento destes.

En concepto de gastos de ferramentas, ó persoal de carpintería aboaráselle a cantidade de 11.956 (once mil novecentas cincuenta e seis) pesetas/ano, durante o primeiro ano de vixencia deste convenio e será feita efectiva no mes de decembro. No ano 1997 aboaráselle a cantidade establecida na acta final de acordo de convenio 1996-1997.

Artigo 34º.-Roupa de traballo.

A empresa entregaralle dúas fundas de traballo ó ano a todo o persoal obreiro que teña dereito a este por concesión da lei.

A data de entrega das fundas ó persoal obreiro será na primeira quincena de xaneiro e na primeira quincena de xullo.

Para o persoal da oficina de planificación e control de man de obra distribuiranse batas de traballo de cor e forma adecuada. Esta entrega efectuarase anualmente na primeira quincena de xaneiro.

A empresa faralle entrega de dúas toallas a todo o persoal da fábrica tal e como viña facendo. A entrega desta efectuarase na primeira quincena de xaneiro e na primeira quincena de xullo.

A empresa entregaralle ó persoal que estableza a lei, un par de botas homologadas de seguridade ó ano. A entrega destas efectuarase na primeira quincena de novembro.

Disporase no almacén dun stock de pezas de roupa de traballo, para a súa entrega a título de préstamo e conseguinte devolución, cando sexan precisos, para traballos marcadamente suxos.

Capítulo V

Acción social

Artigo 35º.-Fondo de previsión social da empresa.

A empresa constituirá, con contribucións complementarias ó saldo actual existente, un fondo para operar durante o primeiro ano de vixencia do presente convenio, de 500.000 (cincocentas mil) pesetas. No ano 1997, dotarase segundo o establecido na acta final de acordo de convenio 1996-1997.

A utilización e destino desta cantidade será controlada e administrada polo comité de empresa e aplicarase con preferencia a casos de infortunio do persoal da empresa.

Independentemente e para gastos, axudas de custo e desprazamentos do comité de empresa, relacionados coa reestructuración do sector naval, a empresa contribuirá con ata 400.000 (catrocentas mil) pesetas, durante a vixencia do primeiro ano deste convenio. No ano 1997, dotarase segundo o establecido na acta final de acordo de convenio 1996-1997.

Artigo 36º.-Axudas sociais.

Todo productor que cause baixa na empresa por invalidez e que conte cunha antigüidade mínima de 15 anos terá dereito a percibi-lo importe dunha mensualidade. Se a antigüidade na empresa é superior ós 25 anos, percibirá o importe de dúas mensualidades.

En caso de falecemento dun productor por accidente laboral, cunha antigüidade mínima na empresa de 10 anos, aboaráselles ós seus dereito habentes o importe dunha mensualidade e se a súa antigüidade na empresa fose superior ós 25 anos, seralles aboado o importe de dúas mensualidades.

En caso de falecemento dun productor por enfermidade, contando cunha antigüidade mínima na empresa de 15 anos, aboaráselles ós seus dereito habentes o importe dunha mensualidade.

Créase unha póliza de seguros de vida, con aplicación a todo o persoal da empresa, pola cantidade de dous millóns (2.000.000) de pesetas por asegurado. Esta póliza cubrirá o risco de falecemento do titular por morte natural ou accidente, e o risco de invalidez total e/ou absoluta por causa de accidente de traballo ou enfermidade.

Capítulo VI

Dereitos laborais e sindicais

Artigo 37º.-Dereitos laborais e sindicais

A empresa recoñece as seccións sindicais das centrais nos centros de traballo nos que o seu nivel de representación supere o 10%, representados por un delegado sindical pertencente á empresa, cos seguintes dereitos:

-Dispor dun número de horas retribuídas para utilizalas nas súas funcións, que se fixan así:

-A cada membro do comité de empresa, elixido pola central sindical correspondente, asignaránselle cinco

(5) horas máis ó mes, por encima das que lles correspondan segundo o disposto no Estatuto dos traballadores ou convenio colectivo, e sen que en ningún caso poidan exceder estas horas adicionais de 40 ó mes para o conxunto dos representantes dunha mesma central.

-Estas horas adicionais e/ou as que lles correspondan a cada un dos ditos representantes, poderán ser desfrutadas polo citado delegado sindical, logo de acordo entre todos eles, que deberá ser posto en coñecemento da empresa.

-Logo de acordo coa empresa e nas condicións que se establezan, poderase pacta-la acumulación de horas sindicais entre membros do comité de empresa pertencentes a un mesmo sindicato.

-Disposición dun taboleiro de anuncios.

-Disposición dun local para reunións.

-Desconto en nómina da cota sindical, logo de petición expresa dos traballadores afiliados.

-Reunión en locais da empresa e fóra de horas de traballo, cos traballadores afiliados, de acordo coa normativa vixente.

Todo isto sen prexuízo do mantemento doutras condicións iguais ou máis beneficiosas que poidan existir na actualidade.

Capítulo VII

Varios

Artigo 38º.-Bilingüismo.

As notas e avisos que se publiquen nos taboleiros de anuncios poderán ser redactados en castelán ou en galego.

Artigo 39.-Incapacidades.

Nos supostos de traballadores ós que se lles recoñeza unha situación de incapacidade total e que por iso poidan causar baixa na empresa, negociarase co comité unha indemnización complementaria á pensión que lle sexa recoñecida ou a ocupación dun posto de traballo adecuado á incapacidade.

En caso de non chegarse a un acordo, a empresa que faga uso do seu dereito a non readmiti-lo traballador incapacitado estará obrigada a aboarlle a este, como mínimo, unha cantidade igual a 20 días de salario por cada ano de antigüidade que teña recoñecido cun tope máximo dun ano de salario.

Esta cantidade será compensable con calquera outro beneficio que sobre os mínimos legais puidese ter establecida a empresa con anterioridade a este acordo.

Artigo 40º.-Incapacidade laboral transitoria.

Naqueles supostos de hospitalización por causa de accidente de traballo ou enfermidade común, ó traballador afectado recoñeceráselle o dereito a percibi-lo complemento económico necesario á prestación legal establecida, para acada-lo 100% do seu salario, durante os primeiros 45 días de duración do período de baixa de ILT.

Así mesmo, en defecto de prestación legalmente establecida, ó traballador aboaráselle o 60% da base reguladora durante os tres primeiros días de baixa por incapacidade temporal derivada de enfermidade común ou accidente non laboral.

Artigo 41º.-Partes que asinan o convenio.

O presente convenio foi negociado e aprobado en representación da parte social polo comité de empresa e en representación da empresa, pola dirección desta.

Normas de carácter interno reguladoras de desfrute do día de reducción de xornada de carácter fluctuante.

Anexo artigo 30º convenio colectivo.

1º Poderase reservar coa antelación que se desexe no departamento de persoal, aínda que, como mínimo,

de tres días do desfrute e comunicándollo previamente ó seu mando.

2º Non poderán coincidir no mesmo día máis do 33% do persoal afecto a un determinado G.F.H., agás en grupos de menos de seis (6) persoas, que poderá chegar a ser do 50%.

3º Atenderanse as solicitudes por rigurosa orde de entrada ata a saturación dun determinado día, polo alcance do tope anterior. Non obstante, chegada esta situación poderán permuta-lo seu desfrute os traballadores do mesmo G.F.H., se dan a súa conformidade por escrito.

4º Se un traballador renuncia ó desfrute dunha determinada xornada xa elixida, perde o seu dereito de prelación en caso de querer volver a desfrutar ese mesmo día.

Calendario laboral 1996

MesesDías

mes

Días

festivos

Sábados e

domingos

Días

vacacións

Días

ponte

Días

laborables

Horas

laborables

Xaneiro311, 6722176
Febreiro29821168
Marzo31291020160
Abril304, 581, 2, 3, 816128
Maio311, 17821168
Xuño301020160
Xullo31254+4121080
Agosto3115, 165+49141080
Setembro30921168
Outubro3112723184
Novembro301920160
Decembro316, 25926, 2718144

Totais366141022172221.776

(1) Estas horas laborables quedarán reducidas a 1.768 horas/ano, polo desfrute dun días máis de descanso de carácter fluctuante que elixirá o traballador.

(2) Os restantes días de vacacións ata completa-los 30 días naturais, comprendidos no período de 15 de xullo ó 13 de agosto, correspóndense con catro (4) sábados (2 en xullo e 2 en agosto), catro (4) domingos (2 en xullo e 2 en agosto) e un (1) día festivo: 25 de xullo, que se sumaron nas súas respectivas columnas.

Táboa de salarios vixente do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1996

CategoríaSoldoQuinquenioPrima

mensual

Paga Red.

Absentis.

Hora

extra

H. extra

festiva

Valor día

Tr. Excep.

-Persoal técnico titulado
Perito ou enxeñeiro técnico A188.4344.27212.90311.4991.7422.013448
Axudante técnico sanitario160.0123.7729.95710.0001.4081.651398

-Persoal técnico non titulado
A) De taller:
Xefe de taller188.4344.07912.83911.4991.7422.013433
Mestre de taller185.8493.74411.4991.6291.889407
Mestre 2 de taller183.6413.72911.4991.5941.854399
Contramestre181.4303.68411.4991.5601.820395
Encargado171.3033.68411.4991.4281.671395

B) De oficina técnica:
Axudante de enxeñeiro188.4344.00312.83911.4991.7422.013420
Delineante proxectista A179.7944.00312.09611.4991.6391.903420
Delineante de primeira164.0353.81010.48210.0001.4481.695399
Delineante de segunda151.8153.7048.93210.0001.3131.546395

CategoríaSoldoQuinquenioPrima

mensual

Paga Red.

Absentis.

Hora

extra

H. extra

festiva

Valor día

Tr. Excep.

Calcador141.5063.5667.6639.0001.1901.408375
Auxiliar de 5 anos141.5063.5667.6639.0001.1901.408375
Auxiliar de 4 anos139.5927.2979.0001.1691.389375
Auxiliar de 3 e 2 anos137.6157.0329.0001.1491.372375
Auxiliar de 1 ano134.7546.5279.0001.1151.331375
Aspirante de 17 anos99.7515.4266.000738921200
Aspirante de 16 anos91.9465.4266.000663838200

C) De organización:
Xefe de primeira188.4344.00312.83911.4991.7422.013420
Subxefe de primeira179.7944.00312.09611.4991.6391.903420
Xefe de segunda A170.6513.97510.98611.4991.5281.784419
Técnico de organización 1164.0353.81010.48210.0001.4481.695399
Técnico de organización 2151.8153.7048.93210.0001.3131.546395
Auxiliar de Organ. 5 anos141.5063.1877.6639.0001.1901.408375
Auxiliar de Organ. 4 anos139.5927.2979.0001.1691.389375
Auxiliar de Organ. 3 e 2 anos137.6157.0329.0001.1491.372375
Auxiliar de Organ. 1 ano134.7546.5279.0001.1151.331375
Aprendiz Organ. 17 anos99.7514.6416.000738921200
Aprendiz Organ. 16 anos91.9464.1836.000663838200

D) De informática:
Xefe de proxectos188.4344.08412.83911.4991.7422.013433
Analista179.7944.08412.09611.4991.6391.903433
Analista programador170.6513.97510.98611.4991.5281.784416
Programador de 1146.0353.81010.48210.0001.4481.695399
Programador de 2160.9993.81010.08810.0001.4151.661399
Operador151.8153.7048.93210.0001.3131.546395

E) De Cad-Can
Coordinador xeral188.4344.08412.83911.4991.7422.013433
Coordinador179.7944.08412.09611.4991.6391.903433
Operador xeral170.6513.97510.98611.4991.5281.784416
Operador ordenador 1164.0353.81010.48210.0001.4481.695399
Operador ordenador 2151.8153.7048.93210.0001.3131.546395
Operador ordenador 3147.0653.7048.67210.0001.1901.408375
Operador auxiliar141.5063.5667.6639.0001.1901.408375

-Persoal administrativo
Xefe de primeira188.4344.08412.83911.4991.7422.013433
Sub-xefe de primeira179.7944.08412.09611.4991.6391.903433
Xefe de segunda A170.6513.97510.98611.4991.5281.784416
Oficial Adm. de 1164.0353.81010.48210.0001.4481.695399
Oficial Adm. de 2151.8153.7048.93210.0001.3131.546395
Taquimecanógrafa-traductora151.8153.7048.93210.0001.1901.408375
Taquimecanógrafa147.0653.7048.67210.0001.1901.408375
Auxiliar Adm. 5 anos141.5063.5667.6639.0001.1901.408375
Auxiliar Adm. 4 anos139.5927.2979.0001.1691.389375
Auxiliar Adm. 3 e 2 anos137.6157.0329.0001.1491.372375
Auxiliar Adm. 1 ano134.7546.5279.0001.1151.331375
Aspirante Adm. 17 anos99.7514.6416.000738921200
Aspirante Adm. 16 anos91.9464.1836.000663838200

-Persoal subalterno
Xefe de almacén162.3113.5819.65410.0001.3751.612375
Almaceneiro principal150.4683.5658.16510.0001.2411.464375
Almaceneiro145.3693.5657.5129.0001.1801.402375
Cabo de gardas145.3693.5657.5129.0001.1801.402375
Vixilante140.1663.4277.2229.0009611.143361
Porteiro140.4183.5016.8569.0001.1171.337370
Telefonista140.4183.5016.8569.0001.1171.337370
Chófer de 1 carné D e reparación Vehíc.154.4053.6468.67210.0001.2851.511384
Chófer de 2 (carné C)149.6523.5528.2039.0001.2301.456372
Chófer de 3 (carné B)144.8993.5527.3049.0001.1701.372372
Empregados de limpeza73.4991.7485.236719900182

Nota: o valor da hora extra aumenta 2 ptas. en cada quinquenio.

CategoríaXornal

día

Quinquenio

día

Paga Red.

Absentis.

Hora

extra

H. extra

festiva

Valor día

Tr. Excep.

-Persoal obreiro
Xefe de equipo5.33312310.0001.3531.59147
Capataz de especialistas5.18612310.0001.3091.54147
Capataz peóns ordinarios4.968123 10.0001.2241.44747
Oficial 1 especial5.154123 10.0001.2851.51147
Oficial 15.052123 10.0001.2531.48047
Oficial 24.865123 9.0001.1901.40847
Oficial 34.707121 9.0001.1371.35247
Especialista4.619121 9.0001.0911.30447
Peón ordinario4.605121 9.0001.0891.30247
Aprendiz 17 anos3.578 6.00069587125
Aprendiz 16 anos3.323 6.00069587125

Nota: o valor da hora extra aumenta 2 ptas. en cada quinquenio.

Táboa de pesetas prima en xornada de 8 horas para persoal de fábrica

Vixente desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1996

CategoríaP.P.P.61626364656667686970

Xefe de equipo6,85354,82109,64164,46219,28274,10328,92383,74438,56493,38548,20
Capataz especialistas6,62753,01106,03159,04212,06265,07318,09371,10424,12477,13530,15
Capataz peóns ordinarios5,87346,9893,97140,95187,94234,92281,91328,89375,87422,86469,84
Oficial 1 especial6,44151,53103,06154,59206,12257,66309,19360,72412,25463,78515,31
Oficial de 16,17549,4098,81148,21197,61247,01296,42345,82395,22444,63494,03
Oficial de 25,59444,7589,50134,25179,00223,76268,51313,26358,01402,76447,51
Oficial de 35,10540,8481,68122,52163,36204,21245,05285,89326,73367,57408,41
Especialista4,76238,0976,18114,28152,37190,46228,55266,65304,74342,83380,92
Peón4,60636,8573,70110,55147,40184,25221,10257,95294,81331,66368,51
Aprendiz de 17 anos3,83630,6961,3892,07122,77153,46184,15214,84245,53276,22306,91
Aprendiz de 16 anos8,51228,1056,1984,29112,38140,48168,57196,67224,76252,86280,95

CategoríaP.P.P.71727374757677787980

Xefe de equipo6,853603,03657,85712,67767,49822,31877,13931,95986,771041,591096,41
Capataz especialistas6,627583,16636,18689,19742,20795,22848,23901,25954,261007,281060,29
Capataz peóns ordinarios5,873516,93563,81610,80657,78704,77751,75798,73845,72892,70939,69
Oficial 1 especial6,441566,84618,37669,91721,44772,97824,50876,03927,56979,091030,62
Oficial de 16,175543,43592,83642,24691,64741,04790,45839,85889,25938,66988,06
Oficial de 25,594492,26537,01581,77626,52671,27716,02760,77805,52850,27895,02
Oficial de 35,105449,25490,09530,94571,78612,62653,46694,30735,14775,98816,82
Especialista4,762419,01457,11495,20533,29571,38609,47647,57685,66723,75761,84
Peón4,606405,36442,21479,06515,91552,76589,61626,46663,31700,16737,01
Aprendiz de 17 anos3,836337,61368,30398,99429,68460,37491,06521,75552,45583,14613,83
Aprendiz de 16 anos8,512309,05337,15365,24393,34421,43449,53477,62505,72533,81561,91

Táboa de pesetas prima en xornada de 8 horas para mandos intermedios

Vixente desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1996

CategoríaP.P.P.61626364656667686970

Mestre de taller9,04272,34144,68217,02289,36361,69434,03506,37578,71651,05723,39
Mestre 2 taller8,35166,81133,62200,43267,23334,04400,85467,66534,47601,28668,08
Contramestre8,23765,90131,79197,69263,59329,49395,38461,28527,18593,08658,97
Encargado7,67061,36122,72184,08245,43306,79368,15429,51490,87552,23613,59

CategoríaP.P.P.71727374757677787980

Mestre de taller9,042795,73868,07940,401012,741085,081157,421229,761302,101374,441446,78
Mestre 2 taller8,351734,89801,70868,51935,321002,131068,931135,741202,551269,361336,17
Contramestre8,237724,87790,77856,67922,56988,461054,361120,261186,151252,051317,95
Encargado7,670674,94736,30797,66859,02920,38981,741043,101104,451165,811227,17

96-5287