Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 27 de agosto de 1996 Páx. 7.997

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (318/1995).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e instrucción número un dos de Santiago e o seu partido, fai saber:

Que nos autos de xuízo de menor contía nº 318/1995 se dictou sentencia con data 3 de xuño de 1996, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía, seguidos neste xulgado co nº 318 de 1995, entre partes, dunha, como demandante, Florentino García Granja, maior de idade, casado, empregado, veciño de Boqueixón, Igrexa nº 18, representado en autos polo procurador García-Piccoli, asistido da letrada Magallanes Pereira, e doutra, como demandados, Jesús Moruja Iglesias, maior de idade,

viúvo, agricultor, veciño desta cidade, con domicilio na rúa do Cruceiro do Sar nº 14-2, representado en autos polo procurador Cuns Núñez, asistido da letrada Rodríguez Mato, José Rilo García e Concepción Toubes Hermida, ambos maiores de idade, veciños desta cidade, con domicilio na rúa Cruceiro do Sar nº 14-2; e contra Manuel Pampín Mosquera e Aquilina Rial Lázara, que foron veciños desta cidade, actualmente en paradoiro descoñecido, todos eles incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre responsabilidade por culpa.

Decido: que sen entrar a coñece-lo fondo do asunto, debo absolver e absolvo na instancia a Jesús Moruja Iglesias, representado polo procurador Cuns Núñez, Manuel Pampín Mosquera, Aquilina Rial Lázara, José Rilo García e Concepción Toubes Hermida, incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, das pretensións contra eles deducidas na demanda formulada polo procurador García-Piccoli, en nome e representación de Florentino García Granja. Todo iso sen efectuar especial pronunciamento en custas.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, e fágaselles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lles sirva de notificación ós demandados Manuel Pampín Mosquera e Aquilina Rial Lázara, expido o presente edicto, que asino e selo en Santiago de Compostela o tres de xuño de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

9604982