Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 27 de agosto de 1996 Páx. 7.996

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (107/1992).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber:

Que nos autos de xuízo executivo, seguidos co nº 107/1992, se dictou sentencia con data 20 de xullo de 1993, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo, seguidos neste xulgado co nº 107/1992, entre partes, dunha, como demandante,

Banco de Galicia, S.A., con domicilio social en Vigo, representado en autos pola procuradora Sánchez Silva, e dirixido polo letrado Gesto Alonso e doutra, como demandados, Ángel González Piñeiro, María del Carmen Enrique González, José Luis Merelles Díaz e María José Sanchidrián Peregil, incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre póliza de préstamo.

Decido: que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada neste proceso contra José Ángel González Piñeiro, María del Carmen Enrique González, José Luis Merelles Díaz e María José Sanchidrián Peregil, facendo remate dos bens embargados e que se embarguen, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte executante Banco de Galicia, S.A., da suma principal de 1.455.698 pesetas, gastos, xuros pactados e custas causadas e que se causen, que preceptivamente se lle impoñen á parte debedora, á que lle será notificada esta resolución da forma e en modo que dispón a lei para os rebeldes; e fágolles saber ás partes que esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación dentro de cinco días para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Lévese certificación ó preito principal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lles sirva de notificación ós demandados rebeldes Ángel González Piñeiro e María del Carmen Enríquez González, expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela o vintecatro de maio de mil novecentos noventa y seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

96-4978