Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 27 de agosto de 1996 Páx. 7.997

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (224/1995).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xustiza gratuíta núm 224/1995, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o catro de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Vistos os presentes autos incidentais de xuízo verbal civil, seguidos neste xulgado co número 224/1995 por instancia de María Inmaculada Iglesias Pardo, representada polo procurador Fernández Pérez e baixo a dirección técnica do avogado Míguez Caxade; contra Javier Varela Rozas e o letrado dos servicios xurídicos da Xunta de Galicia na representación institucional desta, non comparecidos nos autos e en situación procesual de rebeldía; sobre obtención dos beneficios de xustiza gratuíta; e pronuncio esta sentencia que baseo nos antecedentes de feito e fundamentos xurídicos que seguen:

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta, recoñecéndolle a Inmaculada Iglesias Pardo o dereito a litigar de balde na demanda de divorcio, que contra Javier Varela Rozas se segue neste xulgado baixo o número 223/1995, cos beneficios expresados no artigo 30 da Lei de axuizamento civil, todo iso sen expresa imposición de custas.

Contra a presente resolución poderá interporse recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificaicón.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado xuíz que a subscribe; e para que conste e para que lle sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía, Javier Varela Rozas, con domicilio descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o cinco de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

5226