Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 22 de agosto de 1996 Páx. 7.902

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de agosto de 1996 pola que se resolve o procedemento de selección para a adquisición da condición de catedrático nos corpos de profesores de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño, convocado pola Orde do 14 de febreiro de 1996.

De conformidade co disposto no apartado 9.5 da orde do 14 de febreiro de 1996 (DOG do 27), pola que se convocaba procedemento de selección para a adquisición da condición de catedrático nos corpos de profesores de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública a relación dos aspirantes que adquiren a condición de catedrático nos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño, nos anexos I, II e III desta orde, respectivamente.

Segundo.-De conformidade coa disposición adicional décimo sexta, punto 3, da Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, a condición de catedrático adquírese con carácter persoal e, en consecuencia, non se perde

por acceso a outro corpo docente, excedencia voluntaria, servicios especiais ou outra circunstancia que non implique a perda definitiva da condición de funcionario de carreira.

Terceiro.-Os funcionarios docentes que adquiran a condición de catedrático terán dereito a percibi-lo nivel 26 de complemento de destino e a compoñente xeral do complemento específico.

Cuarto.-Os efectos económicos e administrativos da adquisición da condición de catedrático serán desde o 1 de outubro de 1996.

Quinto.-Os profesores participantes neste concurso de méritos poderán retira-la documentación presentada, por eles mesmos ou por medio de persoa autorizada, no Servicio de Profesorado de Esninanzas Secundaria e Especiais da Consellería de Educación e Ordeanación Universitaria (San Caetano, Santiago), no prazo dun mes contado a partir de transcorridos dous meses desde a publicación da presente orde.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

4883